Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

IFECGÁS PEREIRA XIRIA 24 – ATL. NOVÁS MECALIA 28

Ifecgás Pereira Xiria: 24 (13+11): Igor, Alvarito, Iago (2), David (10), Miguel (3), Joaquín, Jorge Viñas (2) -equipo inicial- Dani, Jorge Bouzas (3), Dani Amado, Martín Rial, Álex, Martín Alfeirán…

Ifecgás Pereira Xiria: 24 (13+11): Igor, Alvarito, Iago (2), David (10), Miguel (3), Joaquín, Jorge Viñas (2) -equipo inicial- Dani, Jorge Bouzas (3), Dani Amado, Martín Rial, Álex, Martín Alfeirán (4), Cristian.

Atl. Novás Meclia: 28 (13+15): David, Miguel (8), Carlos (11), Dani (2), Mario (2), Gabriel (3), Fabián (1) -equipo inicial- Juan, Marcos, Jorge (1), Diego, Xavier, José.

Colexiado: Abel Juncal e Juli Villanueva.

Disputouse a 14ª xornada na liga de División de Honra Xuvenil. O Ifecgás Pereira Xiria recibía ao Atl. Novás Mecalia, equipo que se atopaba dous postos por diante do Xiria con 4 puntos máis.

Os de Carballo, que afrontaban un encontro de poder a poder fronte ao equipo do Rosal, partían coas esperanzas de conseguir os dous puntos en xogo, para así acercarse a tiro de un partido a esa quinta posición que precisamente ocupa o Novás.

O primeiro asalto do envite foi moi igualado e con alternativas no marcador, con diferenzas curtas a prol de ambos equipos. Os dous conxuntos mostraron moita calidade nas súas accións e desplegaron sobre o parqué do Vila de Noia un balonmán moi atractivo cara o espectador. Ao intermedio chegábase cun igualado 13-13 que deixaba todo aberto cara a reanudación.

O equipo visitante aproveitou a segunda metade para distanciarse no marcador de dous e tres goles, xa que o técnico visitante ordenou unha mixta sobre o xogador do Xiria David. Este feito provocou un pequeno atasco no ataque carballés. Os do Ifecgás Pereira seguían a loitar polo trunfo, continuaban cerca pero a remolque e os pontevedreses seguían a facer efectiva a súa renda baseándose nunha forte defensa e ataques con moito senso e paciencia. Parecía que a defensa presionante dos locais tiña os seus froitos, pero as paradas na outra area do porteiro do Rosal daban de forma definitiva ao traste cos desexos dos de Carballo que perdían os dous puntos en xogo con ese 24-28 final.

De todos os xeitos, os do Xiria amosaron unha faciana boa e ilusionante para seguir traballando, sempre competitivos e con unha boa intensidade. Quizais o problema foi a espesura no ataque posicional nalgunhas fases do encontro e o acertado que estivo o porteiro do Novás que salvou ao seu equipo nos minutos finais de que o marcador se aproximara máis.

Na vindeira xornada o Ifecgás Pereira Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao Club Cisne de Balonmán. O partido dispútarase o domingo ás 12.00 h no Centro Galego de Tecnificación Deportiva..