DECORACIONES J. BELLO XIRIA 38 – BM. ÁRTABRO OLEIROS JCA 33

Decoraciones J. Bello Xiria: 38 (19+19): Buño, Iván (11), Julián (7), Diego, Alberto (3), Enrique (5), Dani (4) -equipo inicial- Miguel, Óscar(2) , Lolo (3), Raúl, Jorge,Cristian(3)

Bm. Artabro Oleiros JCA: 24 (14+19): Castellanos, Ferreiro (7), Rubén (10), Caribia (5), Veiga (3), España (2 ),Rodríguez (2) -equipo inicial- Varela(1), Jimeno, Longueira,Trigo(2),Otero(1).

Colexiados: Sergio Vázquez e Rubén Gómez.

O equipo do Decoraciones J. Bello Xiria segue a demostrar a súa progresión semana tras semana e, neste caso, consegíu unha importantísima vitoria nun dos derbis provinciais. A concentración no xogo mellorou moito con respecto a partidos anteriores, clave para impoñerse a un gran equipo como é o Balonmán Ártabro Oleiros. Non cabe a menor dubida que os de Xiria completaron o seu mellor encontro ata o momento e fixeron unha boa laboura en todas as facetas do xogo, facendo un balonmán atractivo que namorou aos moitos seareiros que se deron cita no Vila de Noia.

Dende o inicio os locais puxéronse por diante no marcador, privilexio que xa non ían abandonar ao longo dos sesenta minutos. A defensa era intensa, con moitas axudas e a portería respondía cunha gran actuación. Na transición defensa-ataque os de J. Bello eran letais e o adestrador visitante tiña que solicitar tempo morto mediado o primeiro acto para rearmar ao seu equipo. Nada surtíu efecto e os bergantiñáns seguían a ampliar a súa vantaxe, ben no contraataque, ben no ataque posicional con rápidos movementos de balón. No remate deste primeiro tempo, o J. Bello impoñía a súa superioridade no día de hoxe e retirábase ao vestiario con un cómodo 19-14.

Na segunda metade, os do Xiria, lonxe de confiarse, saíron como un ciclón, e mostrando o mesmo dinamismo e rapidez no xogo que no acto anterior, conseguían unha vantaxe de ata nove goles que parecía insalvable para os ártabros. Tan só un baixón defensivo e unhas perdas de balón non forzadas, permitían ao Bm. Ártabro achegarse ata os dous goles nos instantes finais, pero os de Xiria, que non perderon a calma e seguían a estar moi concentrados, arranxaron o pequeno desaguisado con un par de defensas para establecer o marcador final de 38-33.

Na vindeira xornadada o Decoraciones J. Bello Xiria xogará no Lalín Arena contra un dos firmes candidatos a conquistar o campionato, o Balonmán Lalín. O partido dispútase o sábado 26 ás 16:15 h.