S.A.R. PLASTIC OMNIUM 16 – CALVO XIRIA 39

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 10
26/11/2011 S.A.R. PLASTIC OMNIUM 16 – CALVO XIRIA 39
SAR Plastic Omnium 16 (8+8): Marcos [p], Pazos (5), Lago (4), Carlos (4), Amoedo (1), Gómez, González -equipo inicial- Rodríguez, Orge (2), Couñago, Pazos, Ferreira, Pereira, López.

Calvo Xiria 39 (19+20): Iago[p], Pablo (13, 5 de sete metros), Alex García (2), Jesús (3), Manuel (1), David (6), Dubra (4) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Ángel (3), Miguel (1), Alex Zas (3), Ramón, Sergio (3).

Colexiados: Jonathan García e Andrés Bellido do colexio catalán. Excluíron aos locais Gómez (16´ e 45´), González (27´), Orge (53 ´), tamén aos xogadores visitantes Alex García (15´e 39´), Ramón (26´e 52´) e Miguel (54´).

Marcador: 3-3, 5-7, 6-10, 7-14, 7-17, 8-19 (descanso); 9-24, 10-27, 10-30, 12-33, 14-37, 16-39 (final).

7 metros: S.A.R. Plastic Omnium: 2/ 3 ### Calvo Xiria: 5 / 5
Partido no que se enfrontaban o S.A.R. Plastic Omnium e o Calvo Xiria correspondente á 10ª xornada da liga de 1ª Estatal e que se xogou na Bombonera de Redondela, no que os carballeses colleitaron dous puntos logo dun partido sen historia dende o minuto vinte. O marcador no descanso: 8-19 favorable ao conxunto carballés.

Durou a resistencia da SAR os primeiros quince minutos, o que tardaron os xogadores do Calvo en axustar a defensa sobre os xogadores redondelanos. Logo dunha serie consecutiva de defensas e contras dos carballeses levaron o marcador a un resultado momentáneo de 6 a 13, nese intre o adestrador do equipo local solicitou tempo morto, pero nada cambiaría no transcorrer do partido e a diferenza non faría máis que medrar ata os once goles cos que se ía de vantaxe para o vestiario o Calvo.

So quedaba por ver que pasaría na reanudación, ¿sería capaz o SAR de atopar novos folgos e tratar de levantar un partido moi costa arriba, ou pola contra o Xiria seguiría dominando o ritmo de xogo e o resultado? Bastaron cinco minutos para desvelar a resposta, non era o día para o conxunto de Redondela, ao que nada lle saía nin en ataque nin en defensa. Pola contra o Calvo seguiu centrado para evitar unha desagradable sorpresa logo do parcial dos primeiros trinta minutos. Sen variar un ápice o seu guión de xogo logrou unha vitoria por unha amplísima diferenza que o sitúa quinto na táboa clasificatoria.

A vindeira xornada será no Vila de Noia ante o potente ULE Ademar, terceiro clasificado a un so punto do líder, o sábado 03 de decembro ás 18:30 horas.