Derbi decisivo para a liga
O derbi máis importante dos últimos anos para o Calvo Xiria poderase ver este sábado ás 17:00 no Pavillón coruñés do San Francisco Javier. Enfronte o OAR da Coruña. A…

O derbi máis importante dos últimos anos para o Calvo Xiria poderase ver este sábado ás 17:00 no Pavillón coruñés do San Francisco Javier. Enfronte o OAR da Coruña. A falta de tres xornadas para o remate da liga regular segue encabezando a táboa o conxunto carballés cun so punto de vantaxe, o que fai que cada partido sexa vital. Moitas emocións deben controlar os visitantes para levar o partido ao terreo que prefire, a defensa e o contraataque, mais medirase a un equipo que non lle vai dar facilidade algunha con xogadores de destacada proxección e que de seguro van obrigar a un esforzo extra ao Xiria. Moita importancia dende logo terá a afección verdinegra que se desprazará en masa para levar aos seus cara os dous puntos.
O Goldie Xiria comeza este sábado a Copa Federación de Primeira Autonómica enfrontándose ao SD Teucro Pescamar, o sistema de competición encadrouno co equipo pontevedrés e co Lavadores de Vigo, tan solo pasará a semifinais o primeiro clasificado. Logo de tres semanas de parón, as xogadoras do Goldie deberán recuperar sensacións ante o a priori favorito para clasificarse. Nun principio estarán dispoñibles todas as xogadoras do equipo, salvo as baixas prolongadas de Patricia e Ahinoa.
O Laber Xiria xuvenil, xoga este Sábado o seu segundo partido de Copa, aprazado da primeira xornada contra o Seis Do Nadal. Despois da derrota da semana pasada na pista do BM. Artabro, os de Xiria deberán amosar unha mellor faciana se queren imporse a un difícil rival. O encontro disputarase no Carballo Calero as 12h. En cadetes O Grupo Lemaco xoga este sábado ás 12:00 no Pavillón de Lavadores, en Vigo, a 4ª xornada de Copa. Os cadetes loitarán por acadar unha nova vitoria contra un rival, o Lavadores, ao que xa venceran en liga. Os carballeses saben que a vitoria pasará por manter unha boa intensidade defensiva dende o comezo, crear ocasións de contragolpe e poder anotar con claridade.
E este domingo ás 12:00 os infantís do Garaysa Xiria, reciben aos Luceros no pavillón Carballo Calero. Un partido dos que gusta xogar a todos e polos que se adestra ao longo do ano. Pois en xogo estará unha das prazas que dan dereito ao Campionato de España e a oportunidade de competir a mellor nivel. Para iso, os locais terán o apoio dos seus afeccionados, que cos seus cánticos animarán a un equipo unido e sólido. O sábado ás 12:00 será a quenda do Marmolería José Rey Xiria que recibe ao Balonmanpontedeume no Ceip Fogar. Décima xornada da Copa Deputación. Os carballeses queren resarcirse da derrota da semana pasada en Viveiro, e para iso contan con todos os seus efectivos dispoñibles; o que permitirá pór un ritmo alto ao partido. Por último e tamén o sábado, unha xornada máis de balonmán 7 para os alevíns; o LK Xiria contra o Xallas ás 10:30 no Ceip Fogar, en Carballo e o Xiria Telepizza Carballo contra Arteixo Bm ás 12:00 no pavillón Galán, en Arteixo.
