Derrota do Goldie Xiria pola mínima ante o Cangas
Goldie Xiria 19 Balonmán Cangas 20 – (9-11) Agardábase un encontro igualado e intenso, como sempre que se enfrontan, e non defraudaron os dous equipos. Tanto o Balonmán Cangas como…

Goldie Xiria 19 Balonmán Cangas 20 – (9-11)
Agardábase un encontro igualado e intenso, como sempre que se enfrontan, e non defraudaron os dous equipos. Tanto o Balonmán Cangas como Goldie Xiria loitaron por facerse coa vitoria ata o derradeiro segundo, levándose as visitantes os dous puntos para O Morrazo.
Saíu ben metido no encontro o Cangas, máis acertado de cara a gol, mentres que o Goldie xogaba con demasiada precipitación os seus ataques e moi incómodo co criterio arbitral. A pesares, a igualdade reinaba no partido e o Cangas non conseguía marcharse, dous goles de distancia ao descanso.
O Xiria ia tomándolle a medida ao ataque rival, que tan so marcaba dende os 7 metros, por mor dos numerosos cos que os árbitros castigaban ao Goldie. Por contra, os ataques das locais, eran interrompidos polos colexiados, sen aplicar a lei da vantaxe, cada vez que as xogadoras buscaban a penetración cara a gol, unha diferenza de criterio que foi moi protestada polo equipo local. Chegouse ao derradeiro minuto con posesión de balón para que puideran empatar as carballesas, pero a precipitación cunha perda de balón, dou ao traste coas aspiracións do Goldie Xiria.
Goldie Xiria: Brenda Noya e Lucía Vilariño (porteiras) Juana Garrochena 2 ,Elena Segade 1, Adriana Gómez 1, Jessica Posse 8, Laura Carracedo, Sheila Ferreiro, Alba Rodríguez 1, Tamara Pombo, Natalia Solís, Zeltia Landeira,, Marta Regueira 5 e Raquel Gómez 1.
Balonmán Cangas: Paula (porteira), Andrea 1, Rebeca 1, Lida 2, Marta 2, Noemi 8, Yoli 1, Arancha 3, Nerea 1 e Rebeca 1.
Marcador cada 5 min: /0-2/ /2-4/ /3-6/ /6-8/ /7-10/ /9-11/ /11-12//14-15/ /15-16/ /17-18/ /17-19/ /19-20/
Arbitraron: Alfredo Balado e Pablo Barreiro excluiron a Jessica Posse (2) ea Natalia Solís polo Goldie Xiria e a ninguna xogadora visitante. Un 7 metros señalado a favor do Xiria por 8 a favor do Cangas.