O Laber Xiria recupera a segunda praza nun mal encontro
O Laber Xiria recuperou a segunda praza da clasificación despois da súa vitoria de hoxe en Vigo contra o Octavio e aproveitando a derrota do Luceros no día de onte…

O Laber Xiria recuperou a segunda praza da clasificación despois da súa vitoria de hoxe en Vigo contra o Octavio e aproveitando a derrota do Luceros no día de onte ante o Teucro. No entanto, o partido que fixeron os de Xiria hoxe no Pavillón das Travesas, foi o peor da tempada e a punto estiveron de pór en risco a vitoria despois de dominar o envite en todo momento con diferenzas entre sete e nove goles.
Saíron os de Carballo cunha defensa intensa que non podían superar os locais, pero, por contra, non eran capaces de transformar a superiroridad notoria nestes primeiros instantes no area contraria, fallando até nove lanzamentos sós contra o porteiro e anotando até catorce perdidas de balón nos primeiros 24 minutos. Os olívicos, sen posibilidades de aspirar a nada na competición deste ano, estaban a mercé dos bergantiñáns e con pouco que fixeron os verdinegros en ataque, marchábanse ao descanso co que parecía un partido pechado a favor dos visitantes (10-19).
Como era previsto, o Octavio sacou o seu orgullo na continuación e puxeron un pouco máis de resistencia na faena. Tan só a pasividade na retagarda carballesa no seu ataque e a presión dos seus dous segundos aos laterais do Xiria na súa area, bastáballes para irse achegando aos poucos no electrónico e conseguindo parciais gañadores. O Laber Xiria, relaxado en exceso, encaixaba gol en cada ataque local e, por contra, no posicional mostrábase totalmente estático e sen solucións colectivas ante a presión dos rojillos. Tanto foi así que a falta de catro minutos, os bergantiñáns vían como o seu rival colocábase a tres goles de diferenza. Tan só dúas accións individuais de José Pereira no ataque e dúas intervencións de Antonio Mato na portaría, puxeron a tranquilidade no marcador nos últimos dous minutos e dan unha vitoria aos de Xiria nun partido do que tomar boa nota de face aos importantes enfrontamentos que están por chegar.
A semana que vén, novo enfrontamento fóra de casa contra un rival directo que está a loitar polos mesmos obxectivos que o conxunto carballés. O Teucro, que onte foi capaz de superar ao Luceros, será un rival temible contra o que haberá que mostrar a mellor versión para poder superalos.
Academia Octavio: 26 (10+16). D. Fernández, Diego (3), Lois (6), Alcántara (3), Sergio (5), Daniel, Trigo, De Moura (3), Miguel, Carlos (1), Prada (5), Mario, Bruno.
Laber Xiria: 32 (19+13). Antonio Mato, Carlos Vilanova (6), Gabriel Castiñeiras (6), José Pereira (7), Alex Figueroa, Iván Calvo (6), Borja Rodríguez (1) –Equipo Inicial- Tito, Juanka (6), Manuel Souto, Kevin Santos, Daniel Esmorís, Andrés Vila, Roi Alfeirán, Francisco Rey.
Parciais cada 5´: 2-2/2-6/3-9/5-13/8-15/10-19**/Descanso/14-21/17-24/18-26/22-28/26-29/26-32/Final.**
Colexiados: Andrés Hermida e Pedro Eiras. Excluiron con dous minutos a De Moura e Diegopolos locais e a Juanka (3), Francisco Rey (2), José Pereira (2) e Carlos polos visitantes.
Incidencias: 17ª xornada da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado na pista central do pavillón das Travesas ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Fotos do encontro:
Clasificación:
















