Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Derrota dun desacertado Goldie Xiria diante do Bm Tui

Goldie Xiria 16 – Bm. Tui 18 (6-10) Disputaba o Goldie o seu primeiro encontro do ano, diante dun equipo rápido con moita mobilidade de balón que se amosou moito…

Goldie Xiria 16 – Bm. Tui 18 (6-10)

Disputaba o Goldie o seu primeiro encontro do ano, diante dun equipo rápido con moita mobilidade de balón que se amosou moito máis acertado nas súas accións ofensivas. Acusou en exceso o Xiria o desacertado día no lanzamento como así amosa o corto resultado, tardando preto de 10 minutos en marcar o primeiro gol.

Arrancou con moito maior empuxe o Balonmán Tui, aproveitando os erros defensivos ao mover o balón con fluidez en ataque, mentres que o Goldie complicábase a hora de escoller os bos lanzamentos, facendo en situacións complicadas con vantaxe para a porteira rival. Apurou opcións o Goldie, elixindo mellores lanzamentos no ataque e foise ao descanso con 4 goles que parecían poder ser remontados.

No inicio da segunda metade as carballesas mostráronse máis metidas no partido, reducindo as diferenzas a 2 goles nos primeiros minutos, 8 a 10, polo que parecía que podían retomar o mando do encontro, pero volveu o desacerto de cara a gol e a precipitación. O Tui facía interminables os seus ataques, practicamente todos tiñan advertencia de pasivo, o Xiria non sacaba o contraataque, e cando o facía precipitábase demasiado. Chegouse a falta de 10 minutos con varios ataque para as locais para poñerse a un gol, pero unha veces a porteira rival e outras o desacerto, deron ao traste coas aspiracións do Goldie Xiria.

Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 4 ,Elena Segade 1, Leticia Casal 1, Adriana Gómez 2, Patricia García, Jessica Posse, Laura Carracedo 6, Sheila Ferreiro 1, Alba Pombo, Natalia Solís, Zeltia Landeira, e Raquel Gómez 1.

Balonmán Tui: María e Noemi (porteiras), Andrea 3, Pilar, Estefanía 2, Antía 2, Nerea 3, Eva 2, Angela 1, Lara 3, Begoña 2 e Alba.

Marcador cada 5 min: /0-2/ /1-3/ /1-4/ /2-7/ /3-8/ /6-10/ /7-10//8-12/ /10-13/ /12-14/ /15-17/ /16-18/

Arbitraron: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso, excluiron a Jessica Posse e Leticia Casal polo Goldie Xiria e a Andrea, Begoña e Nerea polo Tui.