Vitoria cómoda para o Grupo Lemaco ante o Bm Porriño
O Grupo Lemaco retomaba este Domingo a competición oficial tralo parón de Nadal e o facía acadando unha clara vitoria ante o Bm Porriño no Vila de Noia, encontro no…

O Grupo Lemaco retomaba este Domingo a competición oficial tralo parón de Nadal e o facía acadando unha clara vitoria ante o Bm Porriño no Vila de Noia, encontro no que ademais o equipo estreaba unha nova publicidade no pantalón, IFEDIC.
O encontro comezaba cun Xiria demasiado confiado, esta relaxación provocaba erros en ataque que permitían ao rival manterse no marcador (min 20. 7-6). Sen embargo o Grupo Lemaco reaccionou tras un tempo morto e comezou a imprimir intensidade en defensa e a xogar con maior velocidade en ataque, e en apenas 10 minutos acadaba un parcial de (6-0) para afrontar a 2ª metade con maior tranquilidade.
No segundo tempo o equipo non baixou o ritmo e foi aumentando a diferenza ata o 34-19 definitivo que lles daba a vitoria. Con estes puntos o Grupo Lemaco Xiria mantén a 4ª praza e aumenta a distancia co 5º clasificado, o Bm. Luceros, que cedía nesta xornada ante o Seis do Nadal.
GRUPO LEMACO XIRIA – 34 (13-21): José (1), Pablo, Tasende (3), Fran (1), Antón (4), Vila (4), Miguel (2), Ronaldo (2), Andy (8), Mario, Roi (1), Renzo (3), Andrés (1), Pedro (4), Manuel e Samuel.
BM. PORRIÑO – 19 (6-13): Mario, Ángel (2), Saúl, Alejandro (3), Iván (3), Rubén (1), Jesús, Miguel, Samuel (1), Pedro, Iván (9), Alai, Pablo e Diego.
Marcador cada 5 minutos:
(1-3), (4-3), (6-4), (7-6), (10-6), (13-6); (15-7), (19-9), (23-10), (27-12), (30-16) e (34-19)
Clasificación trala 14ª xornada:
Galería de fotos do encontro:
