As carballesas, no terceiro encontro da tempada, segundo de Copa Federación visitaba Santa Comba este pasado sábado para medirse ó Bm Xallas como equipo local.
As carballesas comezaron o encontro algo dubitativas, cos nervios lóxicos de principio de temporada, ante un rival sempre moi impulsivo e con moita intensidade que as fai sempre moi competitivas. As de Santa Comba dominaron os primeiros intres do encontro, aproveitando os erros en ataque das do Xiria, e atopando ocos nos seis metros da defensa visitante con desdoblamentos da segunda linea(5-1, min. 12). Con algunhas modificacións no ataque, pareceu que as carballesas retomábanlle o pulso ó encontro, e foron quen de equilibrar o marcador ainda que nos derradeiros intres do primeiro acto, as locais lograban descansar con dous tantos de diferencia(9-7).
Na reanudación, e xa máis descargados da tensión inicial, o encontro seguiu pola misma linea, pero nos momentos cruciais as locais estiveron máis precisas e aproveitando o desconcerto dunha doble exclusión das defensas centrais das carballesas que terminou por botar do encontro ás visitantes.
Este próximo fin de semana o Calvo Xiria recibirá en Carballo ó Bm. Pabellón de Ourense no que será o derradeiro encontro antes de afrontar unha temporada máis a Primeira Autonómica galega.


