O XIRIA B PASA Á FINAL DE COPA DE SEGUNDA AUTONÓMICA LOGO DUN VIBRANTE PARTIDO

O XIRIA B PASA Á FINAL DE COPA DE SEGUNDA AUTONÓMICA LOGO DUN VIBRANTE PARTIDO

O pasado sábado disputaronse as semifinais de copa en Oleiros, partido que enfrontaba ao Noroplaza Atlántico co Calvo Xiria B. Este partido presupoñíase coma un partido emocionante pois enfrontaba a dous dos equipos con mellor ritmo na actualidade.

NOROPLAZA ATLÁNTICO 26 – CALVO XIRIA B 27

O partido como podía ser de esperar comezou con un ritmo alto, cos de carballo plantexando unha defensa 5-1 que ao inicio do partido forzou o equipo local a lanzamentos arriscados o que facía que ao principio do partido conseguiran unha pequena renta os de Carballo. Co paso dos minutos o equipo coruñés soupo adaptarse á defensa carballesa e, a maiores, producíronse unha serie de erros incomprensibles que facían que o Atlántico se amarrara ao partido e incluso se puxera un gol por diante nos intres finais da primeira metade. O Xiria conseguira frear as rápidas contras ao inicio do partido pero os erros sinxelos do final da primeira metade facía que poideran correr e anotar con facilidade.

Á volta dos vestiarios a tónica seguía a ser parecida, os coruñeses sabían aproveitar os erros de cambios de opoñente do equipo carballés e as perdas de balón. Con todo, cando quedaban 15 minutos e con un arreón de coraxe o equipo carballés conseguía aferrarse ao partido e ,grazas a un maior acerto nos minutos finais, levarse o partido nun final vibrante.

Con este resultado o Calvo Xiria B pasa á final de Copa , partido que está previsto que se celebre o 22 de decembro e cuxo rival será o Bm Sanxenxo.

Por último, lamentar a lesión do noso xogador Ángel Viña a consecuencia dun desequilibrio nun lanzamento. Por mor deste golpe, Ángel fracturou o radio e terá que ser intervido nos próximos días. Desexarlle unha próspera e pronta recuperación a un dos nosos.