Dobre xornada e dobre vitoria para un Garaysa Xiria con altibaixos no seu xogo

Fin de semana sen descanso para o Garaysa Xiria e propicio para probar variantes no seu xogo de cara á competición que lles espera.
Empezaba o sábado en Redondela, ante un Chapela; que sofre na parcela defensiva pola súa capacidade física neste momento; polo que os carballeses eran favoritos para levar os dous puntos. E así o reflectiu o marcador final cun claro 24 a 44.
Saía ao partido o Garaysa cunha defensa 6:0 que daba demasiadas facilidades ao ataque local, e ata o minuto 15, cando o marcador reflectía 10 a 11, non conseguiu romper o partido; grazas en parte aos cambios efectuados que asentaron as dúbidas iniciais e permitiu axustar a defensa para facer un parcial de 3 a 11 que sentenciaba o partido ao descanso.
Durante a segunda metade serviu aos dous equipos para ir probando cousas hacía próximos compromisos.

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 8-7, 10-11, 10-16, 13-22, descanso, 14-26, 16-31, 20-36, 24-39, 24-44.

BM CHAPELA 24 ( 13 + 11 ): Adrián Sousa, David Pastor (1), Jorge Domato (6), Diego Davila (1), Xabier Dominguete, Gabriel Igrexas, Rogue De Arcos (3), Marcos Serrano, Manuel González (5), Anxo Fontán (7), Iago Silveira (1), Roberto Castro, Adrián Cerqueira

GARAYSA XIRIA 44 ( 22 + 22 ): Pedro Pena [p], Mario Cancela (10), Fernando Mallo (1), Diego Antelo (8), Carlos Varela (5), Antonio Calvelo (3), Aaron Rodríguez (5), Daniel Mallo (8), Juan Pereira (3), Julián García (1)

Xa o domingo pola mañá enfrontábase en Carballo ao Seis do Nadal. Equipo con xogadores de gran talla; máis parecido ao que se van a atopar no Campionato de España.
E así volvía saír o Garaysa coa defensa 6:0; aínda que está vez; demasiado planos e sen apenas contacto sobre os rivais; deixaban todo o traballo defensivo á portaría que na primeira parte estivo a bo nivel. E permitiu que se fosen con vantaxe no marcador de 12 a 8.

Os carballeses íanse ao descanso, con ganas de quitarse as dúbidas en ataque e axustar a parcela defensiva. Aínda que a irregularidade foi a tónica do encontro debido aos fallos de concentración, ao final chegábase con 26 a 21 favorable ao Garaysa que permitiu facerse cos dous puntos; e un pequeno aviso; xa que a intensidad e concentración de este partido pouco tivo que ver co conxunto que vimos e desfrutamos na fase final.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-4, 7-7, 10-7, 12-8, descanso, 14-11, 17-13, 21-16, 24-20, 26-21.

GARAYSA XIRIA 26 ( 12 + 14 ): Darío Calviño [p], Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela, Mario Cancela (5), Daniel Mallo (6), Fernando Mallo (3), Diego Antelo (5), Julián García (2), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (1), Juan Pereira (2), Pablo Esmoris, Álex Puñal.

SEIS DO NADAL 21 ( 8 + 13 ): Antón Seivo, Adrián Abril (3), David Álvarez (6), Iago López, Jonathan Patiño (5), Juan González (6), Jesús Carreira (1), Pablo Fernández, Henrique Costas, Adrián González, Asier Cerqueira.

A seguinte xornada, o Garaysa Xiria enfrontarase á S.A.R, en Redondela.