Dous partidos para o Calvo Xiria este domingo

Disputa este domingo o Calvo Xiria o Trofeo Teresa Herrera no Pavillón San Francisco Javier da Coruña, xogándose ás 13:00 un posto na final ante o Acanor Atl Novás. O anfitrión, Oar Coruña, e o Bm Pontedeume xogaranse o outro posto dende as 11:30 horas. A final está programada para as 19:00 e o 3º e 4º posto para as 17:30 .

Servirán de remate estes partidos para a semana máis dura da pretempada dos verdinegros, xa que chegarán logo dunha semana con moitas horas de adestramento con especial atención á carga física , pensado coma non podía ser doutra maneira no inicio ligueiro o 26 de Setembro. Agardase dendo o club carballés que a boa imaxe do derradeiro partido ante o  Cangas se manteña  e se vexa progresión no xogo colectivo ofensivo, para poder deste xeito cumprir co obxectivo de mellorar o quinto posto da pasada tempada.