Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Sénior masculino

Dous puntos dende a defensa para o Calvo Xiria

Aínda que finalmente a diferenza foi de dezanove goles, o Calvo Xiria tivo que traballar a reo para poder romper o partido ante un Academia Octavio que durante vinte e…

Aínda que finalmente a diferenza foi de dezanove goles, o Calvo Xiria tivo que traballar a reo para poder romper o partido ante un Academia Octavio que durante vinte e cinco minutos mantivo a igualdade no marcador. Comezou mandando o conxunto olívico no electrónico grazas ao acerto na portería de Anxo e a eficacia ofensiva de Simic e Francisco. Non tiña a distancia de marcaxe necesaria a defensa carballesa que ía un pouco por detrás das intencións ofensivas do conxunto visitante. Entre o minutos quince e o vinte e cinco os carballeses foron asentándose na pista para conseguir empatar o encontro, e nos cinco minutos finais do primeiro tempo deron o primeiro golpe do partido cun parcial de 5-2, que lles permitían marchar aos vestiarios cun +4 que daba certa tranquilidade ao seu xogo.

A saída do Calvo Xiria na segunda metade foi ben distinta, cunha defensa moito máis presionante que permitía recuperar balóns e saír na contra. Apoiados nas complicacións para os lanzadores que provocaba a súa defensa, tamén Iago e Antonio fixeron uns bos números nestes trinta minutos. Un parcial de 7-2 en dez minutos rompía totalmente o partido, pois a parte dos nove goles de vantaxe a actitude dun e outro equipo foi moi distinta a partir dese intre, o que provocou que a diferenza final se fose até os 19 goles.

Tócalle ao Calvo Xiria viaxar ao Rosal para se enfrontar ao Acanor At Novás, nun partido complicadísimo ante un rival que está na segunda posición da táboa, a un punto dos carballeses, e que montou un equipo para tratar de acadar o título ligueiro e o ascenso de categoría.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante más de 350 seareiros. Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Abel Juncal López do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Sergio Facal (31´), Martín Alfeirán (39´), Julián López (44´, 51´) namentres polo Academia Octavio foron sancionados Ángel Martínez (18´), Daniel Bernárdez (26´), Strahinja Simic (31´), Pablo Barros (49´), Jesús Veiga (51´), Daniel Fernández (51´, 58´). 7 metros Calvo Xiria 1//4 Academia Octavio 3//6. Marcador cada 5 minutos: 1-3, 5-6, 7-7, 9-9, 13-12, 18-14, descanso, 22-15, 25-16, 29-17, 34-19, 37-22, 42-23.

CALVO XIRIA 42 (18+24): Santiago Gómez [p], Antonio Mato [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (5), Sergio Facal (2), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (4), Julián López (2), Carlos Vilanova (4), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (4), Javier Rodríguez (5), Gabriel Castiñeiras (2), Gonzalo Pombo (2), Hugo Rodríguez (3).

ACADEMIA OCTAVIO 23 (14+9) Anxo Otero [p], Iago Rivas [p], Francisco Camino (4), Rodrigo de Moura (1), Mario Prieto, Pablo Barros, Daniel Fernández, Ángel Martínez (3), Jesús Veiga (1), Daniel Bernárdez (1), Strahinja Simic (10), Juan R. Baldó (3), Carlos Fernández.

Próximo partido

Sénior masculino20:3019:30 en CanariasCampeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 10
"CIUDAD DE TACORONTE" WSCAN LECOMAR 13 MAYO
CALVO XIRIA

Máis sobre isto