O liderado en xogo na 1ª Estatal

Duelo de invictos este sábado no Pavillón Municipal do Rosal, o encontro comezará ás 19:00 horas  nun dos mellores encontros que se poden presenciar a día de hoxe na 1ª Estatal. Se todo sigue o guión lóxico, os detalles serán os que fagan caer a vitoria dun ou doutro lado. Dende logo moita importancia van ter os seareiros, factor no que de inicio contan con vantaxe os locais, mais co número de seguidores carballeses que se van dar cita nas bancadas, e como non, cas gañas cas que empuxan ao seu equipo cada fin de semana, non se van a sentir coma na casa, pero case, os xogadores do Calvo Xiria. A concentración en cada acción, evitar as perdas de balón e poder marcar un ritmo alto de xogo son as premisas que os carballeses tiveron en mente durante toda esta semana de adestramentos, nos que se deixou sentir os desexos de que chegue o asubío inicial para enfrontarse a un gran plantel, que conta co reforzo do ex-xiria Ramón Suárez-Pumariega, non sendo o único, pois moveuse moito e ben o conxunto do Rosal durante os meses previos para facer un equipo de contrastada valía.

O Goldie Xiria recibirá no Vila De Noia ao BM.Caselas, un conxunto potente que unha tempada trás outra, ocupa os postos máis altos da clasificación. As mozas de Xiria, que demostraron unha gran progresión no xogo nas últimas semanas, aspiran a manter este nivel ante un rival de enxunlla e ratificalo con maior regularidade nos sesenta minutos de xogo. O encontro dará comezo ás 18:15 do Sábado 12 de Novembro. Salvo Diana, que segue co seu proceso de recuperación de varias doenzas, todas as xogadoras estarán dispoñibles para este partido.

O domingo será a cita dos equipos masculinos da División de Honra, ante o Cisne de Bm. Ás 10:00 os infantís do Garaysa Xiria mídense no duelo de únicos  invictos da categoría; polo que se espera un partido igualado. Manter a intensidade ante un rival que aproveita ben o xogo coa segunda liña, dos extremos e o pivote serán as tarefas da defensa do Garaysa Xiria. Tratar de incrementar o ritmo do partido e non cometer erros no lanzamento será fundamental para seguir a liña positiva de resultados obtidos até agora.

Agárdase un encontro igualado este domingo na categoría cadete, onde o Grupo Lemaco terá como rival a un Balonmán Cisne irregular, que ao igual que o equipo carballés conta con practicamente xogadores de primeiro ano que están a notar o cambio de categoría a pesar da súa calidade. Polo tanto veremos un partido aberto onde o equipo que mellor ate na faceta defensiva ao seu rival farase probablemente con dous puntos en xogo. As consignas para os xogadores do Grupo Lemaco serán a seguridade nas posesións de ataque e a presión á primeira liña pontevedresa

Pola súa banda, os xuvenís do Laber Xiria, que permanecen invictos no campionato e lideran a clasificación, terán que realizar un partido perfecto en todas as facetas se queren seguir gozando desa situación de privilexio. O seu rival é un dos chamados a loitar polo título. Os de Carballo, que atravesan un momento doce no seu xogo, desexan referendar este ante un rival de tal magnitude e manterse invictos no seu feudo. Todos os xogadores estarán dispoñibles para esta cita, que comezará o vindeiro domingo ás 12:45 no Vila De Noia.

Por outra banda, o sábado ás 10:00 os infantís do Marmolería José Rey Xiria xogan en Lugo na Casa do Deporte contra o Lucus Recambios Infra; onde esperan seguir coa evolución do seu xogo, competindo os partidos como até agora e superar os nervios iniciais que de seguro farán que cheguen bos resultados.

Ás 12:00 tocaralles ás infantís do Punta del Este Xiria que viaxan a Camariñas para enfrontarse ao conxunto local, no pavillón o Areal, sen ningún tipo de complexo enfrontaranse a un equipo superior fisicamente pero co traballo semanal e o esforzo de cada xogadora tratarán de levar algo positivo a casa. De seguro a experiencia competitiva deste partido faraas crecer como equipo.