Dous puntos e liderado para Calvo Xiria
Dous puntos acadados na visita a Redondela, que unidos á derrota do Chapela deixan coma líder en solitario ao Calvo Xiria na primeira estatal. Non controlou o partido dende o…

Dous puntos acadados na visita a Redondela, que unidos á derrota do Chapela deixan coma líder en solitario ao Calvo Xiria na primeira estatal.
Non controlou o partido dende o inicio o conxunto carballés, pois no minuto vinte o marcador de 7-9 falaba dun encontro aberto e que a pesares das pequenas vantaxes dos visitantes deixaba con opcións a calquera dos dous. Mais a defensa do Calvo Xiria nos seguintes quince minutos dinamitou o encontro, e cun parcial de 2-10 sentenciaba o encontro. Pero houbo tempo para que o líder da categoría se vise obrigado a pedir tempo morto, non tanto por que o resultado perigase, senón por perderse en protestas que non conducen a nada positivo. Tanto foi así que a Sar anotouse un parcial de 4-0. O toque de atención foi suficiente para reconducir a actitude, e o xogo do equipo volveu a ser o de minutos antes, e sen necesidade de máis desgaste fíxose co partido de xeito definitivo.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón da Bombonera en Redondela con preto de 300 seareiros nas bancadas. Colexiados: Daniel Portela Fernández e Martín Rodríguez Mondelo do colexio galego. Castigaron con exclusión a Jaime García (26´) por parte local, namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Brais Puñal (37´), Ramón Suárez-Pumariega (59´). 7 metros: Sar 3//3 Calvo Xiria 2//5. Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-4, 5-7, 7-9, 7-12, 8-15, descanso, 9-19, 11-22, 14-23, 16-25, 17-27, 20-28.
SAR PLASTIC OMNIUM 20 (8+12): Marcos Colinas [p], Daniel Pereira [p], Damián Rodríguez (2), Nicolás Nantes (2), Juan Araújo (4), Jaime García, Antón Rey (3), Ramón Otero (4), Axel Aguin, Francisco Vidal, André Pérez, Carlos Rey (3), Sergio Táboas (1), Iván Vázquez, Diego Domínguez, Héctor Soage (1).
CALVO XIRIA 28 (15+13): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema, Brais Puñal (1), Manuel Méndez (4), Sergio Facal (2), Uxío Batán (1), Martín Alfeirán (1), Pablo Iglesias (5), Carlos Vilanova (9), Gonzalo Pombo (4), Mario García de Seárez, Ramón Suárez –Pumariega (1).