Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Grupo Lemaco Xiria acadou unha importante vitoria contra o Bm. Luceros

Grupo Lemaco Xiria – 33 (17+16): Andy (2), Pombo (3), Mario, Pedro (2), Roi (4), Samuel, Fran (8), Tasende (1), Urbieta, Jose, Miguel, Renzo, Antón (9), Manuel, Pablo e Ronaldo…

Grupo Lemaco Xiria – 33 (17+16): Andy (2), Pombo (3), Mario, Pedro (2), Roi (4), Samuel, Fran (8), Tasende (1), Urbieta, Jose, Miguel, Renzo, Antón (9), Manuel, Pablo e Ronaldo (4).

Bm. Luceros – 30 (13+17): Xián (1), Carlos (7), Javier (6), Alexander (2), Andrés (1), Aarón, Alexandru, Anselmo, Marcos (6), Mario (2), David (1), Diego e Brais (4).

Os cadetes do Grupo Lemaco se enfrontaban esta fin de semana co seu inmediato perseguidor na táboa, o Bm. Luceros, que chegaba a Carballo empatado a puntos cos nosos. O encontro estivo moi disputado de inicio a fin, pero pese a igualdade no marcador, o Xiria se mantivo sempre por riba con pequenas vantaxes, o que lles permitiu xogar un pouco máis tranquilos.

O equipo funcionou moi ben en ataque, cun xogo rápido e combinativo e elixindo con criterio as mellores situacións para lanzar, conseguían perforar unha e outra vez a defensa dos de Cangas. Fran e Antón estiveron moi atinados dende os laterais, e en canto a defensa se centraba máis neles, outros compañeiros aproveitaban a ocasión para marcar. En defensa o equipo amosou unha gran melloría con respecto a encontros anteriores, cun bo marcaxe ao pivotes cangués e moi atentos nas saídas aos seus lanzadores.

A base de traballo o equipo conseguía sumar os dous puntos dun importante encontro, que tivo a dureza e a tensión propia destes duelos. Coa vitoria do Cisne sobre o Octavio a clasificación queda coma segue:Clasificacion

Galería de fotos do encontro: