Dous puntos nun frío partido

Logrou dous puntos o Calvo Xiria na visita que rendeu á Cañiza o pasado sábado, nunha xornada fría da que se contaxiou o xogo dos carballeses, logo de cometer moitos máis erros no lanzamento do que viña sendo habitual, e concedendo en defensa opcións de chegar até os sete metros para lanzar. Tamén é ben certo que nos derradeiros dez minutos da primeira parte aumentou o seu ritmo e acadou unha vantaxe de cinco goles ca que xogou durante todo o segundo tempo ante un rival, moi duro nos contactos defensivo sobre todo despois de que os carballeses soltasen o balón.

A segunda parte estivo marcada polo control do partido que levou a cabo o Calvo Xiria, impedindo que os locais tiveran opcións de inquietar aos verdinegros que deste xeito manteñen a súa posición de privilexio na táboa clasificatoria.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de A Cañiza ante 200 seareiros entre os que se atopaba un grupo de seguidoras pertencentes á Asociación “Esclavas de la Virgen Dolorosa” do Centro Residencial “Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey” situado en Crecente e que ofrece servizos integrais destinados a persoas con diversidade intelectual.

Colexiados: Marcos Pérez Outeda e Ana Correa Araújo do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Bm Saelplast Cañiza a Ismael Lago (20´, 55´, 58´), Rafael Fernández (23´, 41´), namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Brais Puñal (27´, 46´), Martín Alfeirán (35´), Manuel Méndez (50´), Javier Rodríguez (53´). 7 metros BM SAEPLAST CAÑIZA  4//4  Calvo Xiria 1//1. Marcador cada 5 minutos: 2-3, 4-4, 5-6, 7-8, 9-12, 11-16, descanso, 13-18, 16-21, 19-24, 20-25, 24-27, 25-31.

BM SAEPLAST CAÑIZA 25 (11+14): Manuel Alonso [p], Miguel Guedes [p], Ismael Lago (3), Rafael Fernández, Daniel Mendes (1), Esteban Martínez, Marcos Estévez (3), Rubén Teijeira, Manuel Groba, Xacob Novoa (6), Iván Miguelez, Pablo Álvarez (1), Andrés Piñeiro (5), Abraham Alonso (6).

CALVO XIRIA 31 (16+15): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (4), Sergio Facal (1), Uxío Batán (3), Martín Alfeirán (3), Julián López (5), Carlos Vilanova (3), Jorge Bouzas (1), Gabriel Castiñeiras, Javier Rodríguez, Miguel Suárez-Pumariega (3), Gonzalo Pombo (3), Hugo Rodríguez (3).