Dous puntos para iniciar a segunda volta

Iniciou a segunda volta da liga o Calvo Xiria ante o Poio Artai, pechacancelas da categoría, nun partido dominado dende o inicio por partes dos carballeses. Dez minutos de intensidade defensiva en cada parte foron suficientes para que os locais puidesen levar os puntos en disputa, e cando a defensa baixou un pouco a súa intensidade, a velocidade nas transicións ofensivas propiciou moitas opcións de lanzamentos dende os seis metros impedindo deste xeito a reacción dos pontevedreses. Xogaron os verdibrancos no día de hoxe gardando forzas para as vindeiras xornadas, que de seguro vanlle facer moita falta nun ciclo de tres partidos moi complicados nas vindeiras xornadas.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante 350 seareiros.Marcador cada cinco minutos: 3-2, 7-3, 11-5, 14-7, 16-10, 16-13 descanso, 18-15, 22-15, 25-16, 26-17, 28-20, 31-23.
Colexiados: David Rodríguez Lera e Antonio Martín García do colexio castelán-leonés. Excluíron polo Calvo Xiria a: Javier (26´), Iván (29´), Jorge (48´), Alberto (48´), Brais (56´,56´) Sergio (59´) e ao oficial Antonio Rodríguez (50´), e por parte do Poio Artai a: Borja (8´, 8´), Tomás (34´), Gabriel (52´).
CALVO XIRIA 31 (16+15): Alejandro Naya [p], José L. Fraga [p], Martín Gómez [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez (3), Martín Alfeirán (4), Brais Puñal (7), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (3), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (2), Julián López (1), Iván Campos (2), Mario García (1).
POIO ARTAI 23(13+10): Álvaro Salgueiro [p], Juan Novas [p], Martín Tarrio(2), David Rodríguez, Miguel Roibás (3), Fernando Mosquera (1), José Manuel Núñez, Alberto López (7), Tomás Gehrhardt (1), Borja Fernández (5), Víctor Barreiro (4), Gabriel Cores.