Liga Infantil Territorial: O Marmolería J.Rey, suma dous novos puntos en Camariñas

Este Sábado ás 10:00h, o Marmolería J.Rey da liga territorial infantil, desprazábase a Camariñas para enfrontarse ao equipo da localidade. Os de Carballo, facíano faltos de efectivos, debido ao azoute de lesións e virus que nos últimos días mermou ao plantel, pero aínda así, o reto era competir e conseguir os dous puntos en xogo.

Non foi un partido brillante, pero os carballeses non escatimaron esforzo e entrega para conseguir a vitoria.
Dende o primeiro momento, os visitantes dominaron o electrónico, aínda que as rendas nunca foron o suficientemente amplas para respirar con tranquilidade. Ao descanso chegaríase cun 8-12 que deixaba todo aberto cara á reanudación.

Os de Camariñas sairían en tromba nos primeiros minutos da segunda parte e cun 5-1 de parcial, conseguirían igualar a contenda cando a penas se levaban disputados cinco minutos deste tempo (13-13).
Neste intre, apareceron os minutos de maior incerteza e sufrimento por parte dos de Marmolería J.Rey, Que seguían dando unha lección de loita e decoro. Pero non foi ata o último tramo cando os verdinegros axustaron o seu defensa que se volveu máis intensa,máis presionante e con maiores axudas, para, deste xeito, recuperar balóns e transformar na portaría contraria, a vantaxe suficiente para imporse no día de hoxe a un bo conxunto como o é o BM.Camariñas.

BM.Camariñas: 17 (8+9). Luis, Cibrán, Javi (6), Bieito (8), Roi (1), Borja (1), José-equipo inicial-Abel, Dylan (1), Martín.

Marmolería J. Rey: 21 (12+9). Diego Lema, Aaron Rodríguez (1), Renzo M. Díaz (8), Diego Antelo (4), Miguel Regueiro (8), Pablo Esmorís, Alejandro Santos.

Marcador cada 5´: 1-3/ 2-3/ 4-6/ 6-9/ 8-12-Descanso-13-13/ 14-16/ 16-17/ 16-18/ 17-21-Final.

Árbitro: Ao non haber designación arbitral, o partido pitouno un voluntario do equipo local. A arbitraxe foi correcta e non influíu no resultado final.

Incidencias: Partido correspondente a liga territorial en categoría infantil disputado no municipal de Camariñas. Pouca afluencia de público.