Dous puntos para o Calvo Xiria no inicio ligueiro
Primeiros dous puntos para o Calvo Xiria na liga de 1ª Estatal logo de impoñerse a domicilio ao Bm Cañiza por cinco goles, nun partido que supuxo o primeiro oficial…

Primeiros dous puntos para o Calvo Xiria na liga de 1ª Estatal logo de impoñerse a domicilio ao Bm Cañiza por cinco goles, nun partido que supuxo o primeiro oficial de Uxío Batán, a volta de Iago Gómez e o debut dos xuvenís Iván Calvo e Carlos Vilanova en categoría sénior.
Comezou o conxunto carballés dando moitas facilidades na súa defensa e sen a tranquilidade necesaria no eido ofensivo, de tal xeito que aos nove minutos o marcador sinalaba un 6-3 a prol da Cañiza que facía que os seus seareiros o pasaran en grande. Mais incrementando as prestacións defensivas e a achega en portería conseguiu limar a diferenza no marcador, e baseando o seu xogo ofensivo no colectivo foi adquirindo o mando do partido e do marcador de tal xeito que se chegou ao tempo de lecer cun +4 que tranquilizaba aos carballeses. O segundo tempo foi dominado dende o inicio polo Calvo Xiria, que chegou a ter sete goles de vantaxe, pero algún erro propio do momento da tempada, foi aproveitado polos locais para achegarse no marcador, e deixar o electrónico no definitivo 22 a 27.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal A Cañiza ante 100 seareiros. Colexiados: Aaron Sestay Prieto e Pedro Eiras Abalde do colexio galego. Sen complicacións. Castigaron con exclusión a Daniel (17´), Manuel (26´), Esteban (45´) e Adrián (47´) por parte local, namentres polo Calvo Xiria foron sancionados Carlos A. Lema (7´, 14´ e 59´), Manuel Méndez (8´), Gonzalo Pombo (46´) e Carlos Vilanova (49´). 7 metros: Bm Saeplast Cañiza 4//5 Calvo Xiria 2//3.
Marcador cada 5 minutos: 3-1/6-4/7-7/8-9/9-11-10-14, descanso, 12-16/14-18/16-22/19-23/20-26/22-27.
BM. SAEPLAST CAÑIZA 22 (10+12): Marcos Carrera [p], Rubén Fernández [p], Rubén Teijeira [p], Adrián Lomba (3), Rafael Fernández, Daniel Mendes (5), Esteban Martínez (2), Marcos Estévez (1), Abraham Alonso (3), Manuel Alonso (2), Iván Miguelez, Pablo Álvarez (2), Xacob Novoa (4), Jacobo Coello.
CALVO XIRIA 27 (14 + 13): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Carlos A. Lema (4), Carlos Vilanova (6), Martín Alfeirán, Brais Puñal (2), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (3), Pablo Iglesias (1), Sergio Facal (6), Iván Calvo, Mario García, Uxío Batán, Gonzalo Pombo (5).
