Dous puntos perdidos no mellor partido da tempada
Perdeu en Vigo ante o segundo clasificado os dous puntos e moi posiblemente a máis mínima opción de loitar polo segundo posto no mellor partido que xogou en toda a…

Perdeu en Vigo ante o segundo clasificado os dous puntos e moi posiblemente a máis mínima opción de loitar polo segundo posto no mellor partido que xogou en toda a tempada o Calvo Xiria. Detalles en momentos puntuais, de cara ao lanzamento, e unha máis que discutible actuación arbitral durante certos momentos do partido no que os vigueses estaban ao borde do precipicio impediron que os puntos se fosen para terras carballesas. Unha mágoa, mais o conxunto verdibranco debe de manter este nivel até final de tempada por respecto aos seus seareiros, que non deixan de animalos tanto na casa coma nas saídas que ten ao longo do ano.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Coia ante uns 250 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 2-2, 4-5, 8-6, 9-9, 11-13, 13-15, descanso, 15-17, 18-19, 21-20, 22-22, 23-24, 27-25. Colexiados: Lucas Crespo Gómez e Pablo Álvarez Vázquez do colexio galego. Excluíron por parte local a: Artur Costa (34´e 53´), Denis (54´) e ao adestrador Jorge Fernández (26´), mentres por parte visitante a Jorge Bouzas (36´e 45´), Iván Campos (40´), Manuel Méndez (41´) e Carlos Lema ( 47´).
MAGOPE SEIS DO NADAL COIA 27 (13+14): Juan Tizón [p], Pablo Chantada [p], Artur Costa, Germán Iglesias (1), Alexandre López (6), Denis Estévez (1), Javier Freijeiro, Adrián Leiros (2), Marcos Treinta, Pedro Iglesias (2), Iván López (2), Pablo García (5), Guillermo Rial, David Costa (4), Abraham Alonso (4).
CALVO XIRIA 25 (15 + 10): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (3), Javier Rodríguez (4), Martín Alfeirán (1), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (8), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo, Julián López, Mario García de Seárez (1), Iván Campos (1).