Calvo e Goldie Xiria xogan os seus partidos na casa

Xoga o Calvo Xiria co filial do Cangas de Asobal, o Luceros, o sábado ás 18:00 no carballés Vila de Noia. Tentarán os xogadores verdibrancos amosar o mesmo nivel de xogo que hai sete días en Vigo, para tentar de rematar a tempada na posto máis alto posible da táboa clasificatoria. A convocatoria será a habitual, ca dúbida até o derradeiro momento de Carlos Lema que leva con febre toda a semana.

Antes, ás 16:00, no mesmo escenario, o Goldie Xiria disputa co Lalín o partido da 12ª xornada da liga de 1ª Autonómica. O fará co obxectivo de acadar os dous puntos para tratar de superar ao Bm. Tui na clasificación final. Continúan as carballesas con moitas xogadoras tocadas, co cal non haberá convocatoria até o mesmo sábado, xa que se estará a espera da evolución de cada unha delas.

Disputan a derradeira xornada de liga os equipos da División de Honra en Vigo ante o Octavio no Pavillón Central. Comezará ás 10:00 o Garaysa Xiria que logo de asegurar a permanencia na categoría a pasada semana se mide a un rival moi complicado que marcha na terceira posición da táboa clasificatoria Xusto despois ás 11:00 o Grupo Lemaco Xiria tentará dar a súa mellor versión contra o que aspira a ser campión galego en caso de conseguir os dous puntos neste envite e para iso terán que estar concentrados ao 100% en todas as facetas do xogo. E rematarán ás 12:45 o Laber Xiria nun partido con pouco en xogo no clasificatorio,  toda vez que o líder Teucro tería que perder co pechacancelas para que os carballeses puidesen optar ao primeiro posto, mais co deber por parte dos carballeses de amosar loitar até o derradeiro partido.