Duro golpe para o Calvo Xiria B en Chapela

Duro golpe para o Calvo Xiria B en Chapela

Dende o asubío inicial, os locais atopaban portería carballesa con facilidade pola man da súa primeira liña, que era quen de sobrepasar o pouco activo 6:0 do Xiria. Varios éxitos consecutivos de Soneira mantiñan a igualdade no electrónico, pero non compensaban as perdas de balón dos carballeses en ataque. Axiña os locais afinaron lanzamento e foron propulsados no marcador, forzando un tempo morto para intentar modificar a dinámica. Os cambios de rol e as rotacións serviron para mellorar a efectividade defensiva, pero non foron suficiente para evitar o desastroso partido en ataque, chegando ós vestiarios cun contundente (17-7).

Na segunda metade e coas ideas máis claras, o Calvo Xiria por fin desatascaba a situación en ataque chegando a ocasións doadas de lanzamento. Sin embargo, o Chapela aproveitaba o contragol para castigar a un equipo que non baixaba a tempo para consolidar a liña defensiva. Finalmente o desánimo e o cansanzo fixeron acto de presenza para sentenciar un encontro onde nada parecía vir de cara.

BALONMAN CHAPELA 38 – 22 CALVO XIRIA B

Agora o Xiria ten tempo suficiente nas seguientes tres semanas para olvidar o encontro e preparar o penúltimo lance da Liga ante o Carballal, rival directo pola permanencia. Actualmente o Xiria atópase tres puntos por riba dos vigueses e o feito de puntuar otorgaría a posición matemáticamente.