Tubasys suma dous puntos fora da casa

Tubasys suma dous puntos fora da casa

O conxunto infantil visitaba Santa Comba na mañá do sábado para atopar un Xallas que non puido facer nada ante a defensa individual durante a primeira metade. A actividade de interceptación de pase e desposesión de bote non deixaba apenas oportunidades que eran rexeitadas por unha Alba que se fixo grande na portería. O Xiria acadaba máis goles de contraataque que de posicional, chegando a un decisivo (2-22) no descanso.

Na última parte do encontro as de Carballo rotaron roles e probaron sistemas diferentes, dando as principais responsabilidades ás xogadoras alevines. Esta vez o Xiria non foi quen de parar o xogo de 1×1 en bote da primeira liña local, que atopaba superioridades co pivote. Pola contra, os numerosos erros non forzados no ataque posicional impedían progresar a Tubasys, que comprobaba cómo se mantiñan as distanzas ata o asubío final.

BALONMAN XALLAS FC 17 – 36 TUBASYS XIRIA

A falta de seis xornadas para a finalización da Liga, o Tubasys mantén o pleno vitorias e un colchón de dous puntos e un encontro sobre o segundo clasificdo.