Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

E.BM.XIRIA: 22 – CLÍNICA DEZA LALÍN: 30

E.BM.Xiria 22 (7+15): Buño, Dani (1), Lolo (8), Enrique (4), Iván (4), Diego, Julián (1) – Equipo inicial – Alberto, Calvo, Gabriel, Borja, Antonio, Jorge, José (4). Clínica Deza Lalín…

E.BM.Xiria 22 (7+15): Buño, Dani (1), Lolo (8), Enrique (4), Iván (4), Diego, Julián (1) – Equipo inicial – Alberto, Calvo, Gabriel, Borja, Antonio, Jorge, José (4).

Clínica Deza Lalín 30 (18+12): Xoán, Román (4), Marcos (3), Antonio, Duarte (3), David (4), Jorge (5) – Equipo inicial – Fabián (3), Javier (4), Arón, Iago, José (1), Pablo (2), Brais (1).

Visitaban os xuvenís do BM.Lalín, a pista carballesa do Vila De Noia, quizáis, o conxunto do Deza, sexa o equipo máis temible da categoría e por ter o curriculum máis amplo (subcampións de España fai dous anos en cadetes e campións Galegos o ano pasado nesta categoría) e por contar nas súas filas con dous internacionais con España e varios seleccionados galegos.

Os de Xiria, veñen presentando nas últimas semanas unha perda de intensidade e de puntos, que supon que a quinta praza que actualmente ocupan esté en perigo, polo tanto, e a falta de dous encontros para o remate da liga, os carballeses deben de conseguir al menos unha victoria. Tal e como sucedera a semana pasada en Cangas, os de Carballo presentaron dous caras en cada tempo. Neste caso, a primeira parte dos verdibrancos carecíu do espírito competitivo idóneo para afrontar o envite e os múltiples erros, foron a tónica dos primeiros trinta minutos.

O encontro comenzaba con un parcial de 1-4 nos primeiros cinco, feito que obrigaba o entrenador local a pedir o seu primeiro tempo morto. A pesar das novas intruccións e dos ánimos do seu técnico, os bergantiñáns non conseguiron entrar no partido e nos seguintes quince minutos, tan só foron capaces de conseguir dous tantos (3-14). As perdas de balón continuas, facilitaban moito as cousas aos dezanos, que materializaban a maior parte dos lanzamentos en situacións cómodas de un contra o porteiro. No descanso, o marcador de 7-18, facía presaxiar unha avultada victoria dos visitantes, pero inda quedaba por aparecer a reacción do equipo local.

Na reanudación, os de Carballo presentaron unha defensa moito máis arriscada por enriba dos nove metros e, en ocasións, maniatando aos principias xogadores do Lalín con unha ou dúas mixtas. Os espazos eran ahora maiores na retagarda verdibranca, pero os desaxustes solucionábanse grazas a unha maior intensidade. A nova defensa plantexada, comenzaba a dar os seus froitos, inda que as recuperacións de balón, non se materializaban en goles, xa que os carballeses seguían sin estar finos no pase e na recepción. Era curto o tanteador nos seguintes parciais, pero o Xiria, empezaba a decantar estes o seu favor (7-5 minuto 15). A defensa seguía a recuperar balóns e a portería funcionaba. En canto os contragolpes comenzaron a transformarse en goles, os de Carballo tomaron a dianteira e o mando no encontro. A distancia seguía a ser importante, pero as sensacións, estaban a ser moi diferentes para os de casa. No daba tempo para moito máis pero o equipo xuvenil de Escolas Balonmán Xiria, conseguía anotar un parcial de 15-12 no segundo tempo que deixaba caras bastantes satisfeitas pola mellora amosada nestes trinta minutos.

A semana que ven, os bergantiñáns disputarán o último encontro de esta campaña coa ambición de conseguir os dous puntos en xogo na difícil casa do BM.Lavadores, victoria que se fai vital para non poñer en perigo o quinto posto da clasificación.