GRUPO LEMACO XIRIA: 39 – DUROC BATALLÉ LALÍN: 26
Grupo Lemaco Xiria: 39 (17+12) Antonio, Carlos (14), Gabriel (4), José (5), Dani (1), Iván (7), Juanca (8) – Equipo inicial – Souto, Xurxo, Alex, Alberto, Borja, Andrés. Duroc Batallé…
Grupo Lemaco Xiria: 39 (17+12) Antonio, Carlos (14), Gabriel (4), José (5), Dani (1), Iván (7), Juanca (8) – Equipo inicial – Souto, Xurxo, Alex, Alberto, Borja, Andrés.
Duroc Batallé Lalín: 26 (13+13): Iván, Dani, Lucas (1), Antonio (7), Oscar (6), Uxío, Jonathan (3) – Equipo inicial – Diego (1), Pedro (8), Manuel, Xabier.
O Grupo Lemaco Xiria, fixo o mellor encontro da tempada para concretar o da táboa clasificatoria e deixar moi boas sensacións ante un rival potente como é o BM.Lalín. Deste xeito, os dezanos, quedan sin posibilidade de conseguir praza para o campionato de España. Nos primeiros minutos do partido, sen embargo, era o Lalín o que dominaba o xogo e tomaba dianteira por un tanteo de 1-3. Os visitantes, movían o balón con velocidade e criterio e, inda que a retagarda verdibranca facía elaborar moito seus ataques, estes remataban por atopar os espazos necesarios cara o gol, xeralmente na situación do pivote.
Neste senso, foron esenciais os seguintes minutos, nos que o Xiria, soupo axustar ese xogo de dous contra dous entre a primeira liña dos dezanos e o seu pivote. Cerrada esta vía de auga para os de casa, os contragolpes e a velocidade pasaron a ser protagonistas no envite, marco onde o Grupo Lemaco, movese de forma extraordinaria. A partires do meridiano e ata o final do primeiro tempo, o conxunto local impuxose en todos os parciais, añadindo a súa firmeza defensiva, a velocidade ao contragolpe e o dinamismo no ataque posicional. O marcador, reflectía un 17-13 cando os equipos se retiraban aos vestiarios e as sensacións eran inmellorables cara a segunda parte. Na reanudación e tras úns primeiros minutos de igualdade, os bergantiñáns deron un golpe definitivo enrriba da mesa e foron, de xeito paulatino, aumentando a súa vantaxe, grazas a unha sobresainte intensidade defensiva e a un xogo, rapido e vistoso para os siareiros que se deron cita no Vila de Noia.
Tres parciais de 4-2 e un de 6-2, mataban o partido e daban un contundente parcial de 22-12 no segundo tempo para os de Carballo. Ao remate do encontro, o 39-26 deixa unha sensación moi boa para afrontar o último envite do campeonato dentro de dúas semanas, de novo en terras carballesas. A semana que ven, o conxunto de Xiria non xogará, xa que disfrutará da súa xornada de descanso na competición. O último partido a disputar polo Grupo Lemaco Xiria e que baixará o telón da liga, será o fin de semana do 06/04/14 contra o BM.Porriño.