EM CAMARIÑAS 24 – PROCASA XIRIA 21
EM Camariñas: Alvaro, Lera, Manuel (3), Fran (3), Lema (6), Angel (4), Iago (3) –equipo inicial– Jaime, Christian(5), Villar, Moreira. Procasa Xiria: Martín Gómez, Jorge (1), Álex (4), Martín Alfeirán…
EM Camariñas: Alvaro, Lera, Manuel (3), Fran (3), Lema (6), Angel (4), Iago (3) –equipo inicial– Jaime, Christian(5), Villar, Moreira.
Procasa Xiria: Martín Gómez, Jorge (1), Álex (4), Martín Alfeirán (2), Luís (1), Rubén Anes (1), Nogales -equipo inicial– Miguel, Javi(3), Calvete, Rubén Gómez (9), Edu.
Colexiados: Os colexiados Daniel Portela e Sergio Lara non estiveron ben, aínda que non tiveron influencia no marcador final.
O Procasa Xiria colleitou unha derrota na sua visita á Camariñas a falta de dúas xornadas para rematar o campionato de liga.
Os locais comezaron moi fortes e puxeron en serios aprietos aos de Carballo que non eran quen de batir a porteria palilleira. A forte defensa proposta pola EM Camariñas e a súa maior capacidade de lanzamento exterior no ataque facía que os locais mandasen con contundencia e certa tranquilidade no electrónico na primeira metade. Deste xeito, chegábase ao intermedio con seis goles de renda a prol dos de Camariñas, 13-7, marcador moi preocupante para os intereses do Procasa Xiria.
Na segunda metade os carballeses sairon moito máis centrados e con unha defensa totalmente distinta, con moita mais intensidade e contactos, o que propiciou que os balons interceptados eran convertidos en goles a través de rápidos contraataques, co que os de Carballo se achegarban no marcador.
A partir de aquí os do Procasa loitaron pola victoria, algo que parecía impensable co resultado da primeira parte, pero de todos é coñecido a competitividade e garra destes rapaces. Así foi que, a pesares que non valeu para levarse os dous puntos en xogo, os carballeses remataron gañando o parcial da segunda metade por 14-11. O marcador final 24-21 deixa o Camariñas sumando dous valiosos puntos.
Destacar unha vez máis que estes rapaces poden xogar mellor ou peor, ter un bo ou un mal día, pero a súa constancia, entrega e dedicación están sempre presentes, algo esencial de cara a conseguir os exitos futuros que se lles supoñen, tanto a nivel individual como colectivo.