EM CAMARIÑAS 27 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 17
EM Camariñas: María, Alicia (5), Carolina (2), Nieves (3), Yennifer (2), Noelia (4), Aitana (5) -equipo inicial- Carla (2), Yenni Carril (4), Leticia. Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (9),…
EM Camariñas: María, Alicia (5), Carolina (2), Nieves (3), Yennifer (2), Noelia (4), Aitana (5) -equipo inicial- Carla (2), Yenni Carril (4), Leticia.
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (9), Belén, Aida (5), Patricia (3), Cristina, Alba -equipo inicial- Rosanna, Lorena.
Colexiado: O colexiado Manuel Docampo estivo un tanto despistado pero non influiu no marcador final.
O Punta del Este Xiria sufriu unha contundente derrota fronte á Escola Municipal de Camariñas en encontro aprazado pertencente á 2ª xornada da copa na categoría cadete feminina. Un desdebuxado equipo carballés caía por dez goles de renda fronte a un rival ao que derrotaran hai sete días en pista carballesas.
Nesta ocasión o equipo de Carballo saiu o terreo de xogo con pouca intensidade e isto notouse no electrónico dende os primeiros minutos. As locais, que sempre poñen pundonor e moita intensidade nos seus embites, máis se cabe na sua pista, foron por diante dende o comenzo do partido. As súa competitividade foi suficiente para derrotar ás carballesas, que xa no descanso perdían 11-7.
Parecía que as rapazas de Fernando Vázquez reaccionaban nos primeiros minutos da segunda metade, e con un parcial de empate a seis no meridiano da reanudacción asi o atestiguaba. Pero esta reacción transformábase en espellismo despois dun tempo morto solicitado pola entrenadora local. A partir deses momentos o Camariñas conseguía endosar un contundente 10-4 de parcial ata o pitido final, que deixaba o marcador no definitivo nun 27-17.
Non tiveron o seu día as xogadoras carballesas, irreconocibles en todo momento. Pero o que levou a este resultado tan desigual, independentemente dos erros, foi sobre todo a falta de actitude e intensidade.
A bo seguro que as xogadoras do Punta del Este Xiria olvidarán pronto este traspés e voltarán a atopar ese ritmo defensivo que tan bo resultado lles dera hai tan só sete dias.