30/10/2004 1ª XORNADA
EPAAT OLEIROS: Ricardo, Rubén, Luís, Iván , Pablo, Adrián (2), Diego (4), Bruno (7), David (1), Brais (3), Cristian, Alexandre, Gabriel (1) e Cesareo.
IFECGAS PEREIRA XIRIA: Gullín, Santi, Miguel (Porteiros), Diego Díaz (2), Ramón (1), Cancela (2), Joaquín (10), Manuel (8), Oscar (5), Jesús (8), Norberto, Diego Puente (2) e Javi (4).
O conxunto adestrado por Fernando Vázquez parte esta tempada cunha grande ilusión de facer cousas importantes no panorama do balonmán galego e o primeiro test era na pista coruñesa de Oleiros.
O partido non tivo historia algunha xa que o cadro carballés demostrou unha superioridade abafante. Numerosos xogadores de primeiro ano e outros que, teoricamente contan conmenos minutos de xogo, puideron disfrutar de mais tempo de xogo neste partido.
Tanto en ataque posicional coma no contraataque, en primeira ou segunda oleada, a superioridade do Ifecgas Pereira era patente pero aínda deben mellorar no aspecto defensivo, xa que dazaoito goles encaixados (9 en cada metade) antollanse demasiados para furturos compromisos fronte a equipos de maior calibre. Destacar, ademais, a labor dos porteiros carballeses.
A actuación do colexiado David Rodríguez non foi boa, pero nontivi influencia no resultado.