BUEU ATL. BALONMÁN 11 – GARAYSA XIRIA 13

31/10/2004 5ª XORNADA

Bueu: Sara, Sheila, Bernadez ( 6 ), Doira ( 2 ), Nuria, Susana, Vanesa – equipo inicial – Alba ( 3 ), Ana, Lucía, Noelia, Otero.

Garaysa Xiria: Raquel, Juana, Adriana ( 2 ) , Iria, Yanin ( 3 ), Cristina ( 2 ), María ( 3 )– equipo inicial – Marta, Fernanda, Uxia ( 2 ), Paula, Jessica ( 1 ).

O equipo xuvenil feminino do Garaysa Xiria conqueriu a sua terceira victoria na liga galega que o enfrontou ó conxunto do Bueu, en terras pontevedresas, cun resultado final de 11 – 13.

O partido estivo marcado por un grande número de erros no ataque por parte dos dous conxuntos, permitindo constantes alternacias no electrónico. Pero no remate do primeiro tempo o equipo local acadaba a maior diferencia de goles 8 a 5.

Mais á volta do tempo de lecer o cadro carballés comenzou a facer cambios ataque – defensa logrando rompe-la racha negativa e poñéndose por diante no marcador. Pero esta intensidade defensiva pagouse con sete exclusións, por tan so duas no bando local, e unha descalificación. Momento no cal o Xiria permitiu un achegamento do cadro do Bueu que mesmo tivo a posibilidade de empata-lo partido, situación desaproveitada e que finalizou nun contraataque carballés que permitiu asegurarse unha nova victoria.

Ainda sen ser disputar un bo partido o resultado permite manter a posición na taboa clasificatoria, e seguir podendo aspirar ó máximo.
Os Colexiados Srs. Perea e Rodriguez levaron o partido sen dificultades, mais tiveron erros graves que puideron ter influido no resultado final do partido.