ESC. MPAL. CAMARIÑAS 22 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 25

Esc. Mpal. Camariñas: Alejandro, Félix, Diego ( 1 ), Xabier ( 3 ), Cristian Martínez ( 1 ), Cristian Canosa ( 8 ), Diango ( 2 ), Brión ( 2 ), Héctor ( 3 ), Carlos, Jesús ( 2 ), Adrián ( 2 ).

Ifecgás Pereira Xiria: Miguel, Óscar, Manuel ( 1 ), Ramón ( 6 ), Diego Puente ( 1 ), Iván ( 2 ), Néstor, Diego López ( 4 ), Rodrigo ( 2 ), Pombo ( 9 ), Iván ( 2 ), Juan.

Chegaba o Ifecgás Pereira a Camariñas sen xogarse nada, xa que a derrota hai dúas semanas na pista do Tirso facía que camariñáns e carballeses fosen campións e subcampións respectivamente xa antes de disputarse esta derradeira xornada. Pero quedaba en xogo o orgullo, xa que estes encontros soen ser moi disputados e hai unha grande rivalidade entre os dous equipos, ademáis os de Fernando Vázquez querían resarcirse da derrota encaixada por seis tantos de renda en Carballo no encontro da primeira volta. O partido comezou coa tónica habitual da liga, cos camariñáns fortes na súa defensa e cunha actitude excelente e cos carballeses facendo todo o contrario, o que fixo que no intermedio o electrónico reflectise un 13-9 a prol dos palilleiros. Sen embargo, toda esa intensidade e actitude da que careceron os de Carballo durante toda a competición puxérona nesta segunda metade para facer unha remontada ilusionante e rematar facéndose co partido por un axustado 24-25.