ESC. MPAL. DE CAMARIÑAS 18 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 26

Esc. Mpal. de Camariñas (8+10) 18: Elena, Jennifer (1), Lidia (1), Raquel (1), Marta (3), Andrea (9) e Fátima (3) -sete inicial- Alicia, Paula, Ana, Tatiana e Laura.

Punta del Este Xiria (12+14) 26: Sara, Sheila (4), Gabriela (3), Cristina, Olalla, Berta (8) e Mariana (10) -sete inicial- Carla (1), Patricia e Tamara.

Partido moi igualado durante os primeiros vinte minutos, con pequenas diferenzas no marcador, aínda que nos últimos dez as carballesas dominaron o choque dada a súa maior calidade e, sobre todo, maior ritmo de xogo. Así chegou o Punta del Este Xiria con catro goles de vantaxe ao descanso.

A segunda metade foi similar. Igualdade durante os primeiros quince minutos, nos que as locais reduciron a vantaxe, incluso poñéndose por diante no marcador. A clave estivo no cambio táctico realizado polas locais no segundo tempo, o que obrigou a Edu Orgaz a pedir un tempo morto para readaptar a defensa. A partir dese momento, todo foi moito máis sinxelo: a defensa funcionou perfectamente e as carballesas despregaron o seu mellor xogo, con constantes contraataques e oleadas que case sempre finalizaban en gol. O adestrador do Punta del Este Xiria quedou moi satisfeito co xogo do seu equipo, cun partidazo no que as rapazas reflexaron na pista todo o adestrado nas últimas semanas.