CISNE GRUPO PIRSA 35 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 25

Cisne Grupo Pirsa (16+19) 35: Varela, Covelo (11), Jaime (2), Víctor, Qintáns (8), Héctor (3) e Galiano (8) – equipo inicial – Daniel (p.s.), Vidal (2), Alberto (1), Gumi, Hugo, Andrés e Iván.
Asesoría Sueiro Xiria (9+16) 25: Guillín, Díaz, Joaquín (5), Óscar, Juan (1), Ramón (3) e Javier (1) – equipo inicial – Iago (p.s.), Manuel (7), Puente (2), Norberto (6), Boti e Eloy.
Árbitro: Pablo e Diego Portela Fernández. Sen complicacións.
Incidencias: Encontro correspondente á 2ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Estadio da Xuventude en Pontevedra ás 17:00 ante apenas 65 espectadores.

O Asesoria Sueiro Xiria sufriu a primeira derrota da temporada en partido oficial ante un Cisne de Pontevedra que parece terlle tomada a medida ao equipo de Marcos Trigo, que xa derrotara os carballeses pola mínima no Torneo Internacional de Carballo (25-26).

No comezo o Xiria mostrouse moi apático en defensa, o que aproveitaron Quintáns e Galiano para campar ás súas anchas e ír aumentando a diferencia no marcador. O ataque sen fluídez morría unha e outra vez contra os centrais defensivos do Cisne. Só o cambio defensivo do Xiria a 5:1 pareceu cambiar o panorama e poder atisbar un pequeno síntoma de reacción, pero dúas exclusións de Boti antes do descanso fixeron isto imposible e os pontevedreses pudieron marcharse ata os sete goles de renda (16-9).

No segundo tempo o Xiria amosou unha cara máis ambiciosa e recurtou a diferenza que durante varios minutos andivo en torno aos 5-6 goles. En ataque as cousas melloraron gracias a un inspirado Norberto e a aproveitar mellor os espazos exteriores da defensa pontevedresa. En defensa, mantívose a tónica de antes do descanso, destacando a boa defensa de Diego Puente sobre Quintáns. Pero o Cisne non baixou a garda en ningún momento, mantivo a tensión e os mellores xogadores ata o final, tratando de conquerir a maior diferencia posible, ante un Xiria que finalmente se desinchou animicamente.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria recibe en Carballo ó complicado Caixanova Oar na 3ª Xornada da Liga Galega.