ESC. MPAL. DE CAMARIÑAS 27 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 29
Esc. Mpal. Camariñas: Felix,Diego(4), Caamaño(5), David(7), Christian Barca(2), Cristian Canosa(7), Diego(2), -equipo inicial-Martinez, Canosa. IfecgasPereiraXiria: Naya, Oscar(2), Boti(2), Ivan(4), Diego, Pombo(6), Zas(13) -equipo inicial- Dani, Andres, Borja, Nestor, Rodrigo(2). Colexiados:…
Esc. Mpal. Camariñas: Felix,Diego(4), Caamaño(5), David(7), Christian Barca(2), Cristian Canosa(7), Diego(2), -equipo inicial-Martinez, Canosa.
IfecgasPereiraXiria: Naya, Oscar(2), Boti(2), Ivan(4), Diego, Pombo(6), Zas(13) -equipo inicial- Dani, Andres, Borja, Nestor, Rodrigo(2).
Colexiados: O colexiado Vicente Pérez estivo moi mal para os dous equipos.
O Ifecgas Pereira Xiria voltou a presentar as suas credenciais de cara o titulo ligueiro en categoria cadete despois de conquerir unha importantísima vitoria en Camariñas, equipo que aínda non perdera ningún punto dos xogados ata este partido. Despois da inesperada derrota no primeiro partido de liga na Coruña por parte dos de Carballo facíase vital conseguir os dous puntos fronte aos palilleiros, xa que de non ser asi os camariñáns adquirirían unha vantaxe de catro puntos que en teoria podía ser definitiva.
Non xogou un bo partido o Ifecgás Pereira que non tivo a boa aportación e intensidade defensiva dos últimos choques. Os locais con rápidos movementos de balón superaban unha e outra vez a defensa dos de Carballo que por outra parte non tiñan problemas de cara a porteria rival a pesar de xogar demasiado estáticos en tarefas atacantes. Deste modo chegábase ao final do primeiro tempo cun 13-13 como tónica de igualdade no marcador.
A segunda metade foi moi parecida, pero as accións individuais, que non o bo xogo, foron as que fixeron que o marcador final se decantara a prol dos visitantes que, como dicíamos ao comenzo desta crónica, mete de cheo os carballeses na loita polo título, aínda que queda moito que sufrir e que loitar despois do parón navideño.