Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 20 – BM PORRIÑO 22

Garaysa Xiria (12+8) 20: Raquel, Juana (6), Cristina Calvete (2), Berta, Maria (4), Jessica (3) e Iria, sete inicial, Sheila, Esmeralda (1), Mariana (1), Marta e Cristina Gende (3). Bm…

Garaysa Xiria (12+8) 20: Raquel, Juana (6), Cristina Calvete (2), Berta, Maria (4), Jessica (3) e Iria, sete inicial, Sheila, Esmeralda (1), Mariana (1), Marta e Cristina Gende (3).
Bm Porriño (14+8) 22: Paola, Raquel (1), Yasmina (3), Carla (3), Laura (6), Dalia (1) e Paula (7), sete inicial, Uxia, Carmen (1), Noelia, Anais e Tania.

Partido igualado durante os sesenta minutos, foi un deses partidos que gustan ver, intensos e con momentos de moi bo balonmán. E non esquenzamos que o Porriño é nestes momentos o unico equipo que fai fronte ao At. Guardes para gañar a liga. Las defensas foron ferreas, agresivas e eficaces, pero limpas, e o partido decidiuse nos derradeiros minutos, onde as visitantes estiveron máis acertadas e eficaces, entre outras cousas grazas á súa mellor jugadora, Paula, que é letal dende os 9 m. Dicir que as carballesas foron por detrás toda a segunda metade e, incluso, tiveron que remontar desvantaxesde ata 4 goles, pero chegaron aos últimos 5 minutos con opciónes de levarse os dous puntos. Foi entón cando as do Porriño decidiron xogar os ataques en lanzamentos lonxanos tras saques de golpe franco e nesa distancia Paula foi imparable. Bo partido das rapazas de Carballo e con moi boa imaxe e sensación de conxunto, o que debe converterse en seña de identidade no futuro.

Volveu a haber polémica arbitral xa que o árbitro trabucouse e apuntou un gol local para as visitantes, durante a primeira parte cando o pasándose dun 10-10 a un 9-11 no electrónico, o cal puido influir no resultado do encontro polo axustado do partido.