Escolas de Verán Xiria sorprendeu aos máis pequenos co obradoiro «aSOMBRAte»

Escolas de Verán Xiria sorprendeu aos máis pequenos co obradoiro «aSOMBRAte»

Os máis pequenos quedaron abraiados xogando e experimentando coas sombras. Soamente cunha luz e unha saba branca, os nenos e nenas que participaron neste obradoiro puideron descubrir o marabilloso mundo das sombras.

Aparte de resultar moi atractivo para os participantes, este obradoiro permite aos nenos e nenas experimentar co seu corpo, obrigándolles a controlar os movementos e as posturas para acadar o efecto desexado.

Un dos xogos propostos obrigaba a representar algún obxecto ou animal dende detrás da saba, sen facer sonidos. Mentres, os compañeiros se mantiñan moi atentos a cada detalle para tratar de adiviñar de qué se trataba.

Actividad Sombras (2) Actividad Sombras (1)

Outras das ideas sobre a que se traballou era colocar unha luz detrás da sábana para interactuar con ela, creándose imaxes de gran beleza.

Actividad Sombras (5) Actividad Sombras (4) Actividad Sombras (6) Actividad Sombras (8) Actividad Sombras (9)

Sen dúbida esta actividade resultou moi divertida para os nenos e nenas que participaron nela e serviu para que, a través do xogo, controlen e coñezan un pouco mellor o seu corpo.