Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

EXP. MINEIRAS DO MORRAZO BM. CANGAS 26 – CALVO XIRIA 27

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 8 13/11/2011 EXP. MINEIRAS DO MORRAZO BM. CANGAS 26 – CALVO XIRIA 27 Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas 26 (12+14): David Lagoa…

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 8
13/11/2011 EXP. MINEIRAS DO MORRAZO BM. CANGAS 26 – CALVO XIRIA 27
Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas 26 (12+14): David Lagoa [p], Adrián Pumar (6), Pepe Camiña, Adrián Menduiña (1), Hugo, Manuel Cordeiro (3), David Barreiro (1) -equipo inicial- David Villar [p], César Núñez (3), Moisés (5, 5 de 7 metros), Eloy (1), Rubén Soliño (3), Fabián (2), Veloso (1).

Calvo Xiria 27 (12+15): Iago[p], Ramón, Álex García, Jesús (4), Manu (2), David (8), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Cuco, Ángel, Miguel, Álex Zas (3), Pablo (6), Sergio (2).

Colexiados: José Manuel Iniesta Castillo e do colexio valenciano. Excluíron aos locais Pepe Camiña (4´) Adrián Pumar (13´), César (23´ e 28´), Manuel (57´), tamén aos xogadores visitantes Manuel (19´), Jesús (20´), Kike (26´), Pablo (28´, 52´ e 59´), Cuco (38´).

Marcador: 1-2, 2-6, 5-8, 6-10, 10-10, 12-12 (descanso); 13-15, 16-18, 19-21, 20-23, 24-24, 26-27 (final).

7 metros: EMM Bm Cangas: 6/ 6 ### Calvo Xiria: – / –
Encadeou a terceira vitoria consecutiva o Calvo Xiria logo de acadar os dous puntos na súa visita a Cangas, nun partido que non se decidiu ata o derradeiro suspiro. Xa no descanso o marcardor de empate a 12 goles indicaba ben ás claras a igualdade no encontro que se disputaba no Gatañal.

Partido moi emocionante e con situacións incribles, cun arbitraxe que por momentos desconcertou a un e outro equipo. Un gol co pé (de chilena), ningún sete metros indicado a favor do equipo visitante, rechaces recollidos polos xogadores do Calvo dentro da súa área defensiva sen que se pite nada, un gol no derradeiro segundo…

A igualdade nos primeiros cinco minutos deu paso a vantaxes que chegaron aos catros goles para os carballeses, baseándose na defensa e nas transicións rápidas. Mais non foi quen o Xiria de manter o nivel do seu xogo e a insistencia canguesa deu os seus froitos. David Lagoa tivo moito que ver na recuperación do seu equipo, xa que o porteiro local fixo moitas intervencións de mérito ante os lanzadores carballeses -so nos primeiros trinta minutos detivo sete balóns claros dende os seis metros aos xogadores visitantes-. O punto culminante da primeira metade foi un gol conseguido co pé polo pivote do Bm. Cangas e concedido como válido polos colexiados que sacou aos carballeses do encontro, o que aproveitaron so xogadores cangueses para acadar o empate e amosar as súas credencias para levarse os dous puntos.

O guión do segundo tempo foi idéntico ao primeiro. O Xiria vaise no marcador, comenza a cometer erros, ou Cangas a forzalos. A falta de cinco minutos o marcador reflicte un 24 – 24, para pouco despois poñerse os locais por primeira vez por diante. A partir de aí moitos erros polas duas partes e un Calvo que atina un pouco máis que o seu rival. A falta de trinta segundos novo empate no marcador e balón para os carballeses. Tempo morto a falta de once segundos e clara situación de gol na mán de Manu que os árbitros converten en pasos precedidos de falta. A desesperación nas protestas dos carballeses rematan ca sanción de dous minutos a Pablo e o tempo párase no 59´ 57´´. O balón vai a David e marca no derradeiro segundo.

De novo a moeda caeu do lado carballés, pero se o Calvo Xiria quere estar na parte alta da táboa non debería de deixar para o derradeiro suspiro a consecución dos puntos. A seguinte xornada será no Pavillón Vila de Noia e enfrontará ao Calvo Xiria co Bm. Porriño o sábado ás 18.30 h.