24/02/2004 12ª XORNADA
IFECGAS PEREIRA XIRIA: Cristophe(14), Rubén, Anxo(3), Aitor(16), Rodrigo(5), Iván, Javi(4), Iago, Álex(3).
BM. VIVEIRO: Dimas, Alejandro, Alejandro Mariño, Adrián(1), Javier, David(2), Sergio, David(1), Eduardo(2), David Rey(1), José, Jacobo.
Recital de contraataques do equipo carballés ante un conxunto, o Viveiro, que non foi quen de rompe-la defensa que propuxeron os homes de Martín Cotelo en ningún momento do encontro. O partido non tivo historia, pois os lucenses perdían o balón con suma facilidade o que propiciaba as contras do Ifecgas Pereira que case sempre remataban en gol.
Cómpre sinalar a ausencia de Gonzalo Pombo, que se atopa de baixa debido a unha varicela. O seu adestrador confía en recupera-lo de cara ó transcendental choque do vindeiro fin de semana e que enfrontará ó Deportes Cimáns A, segundo clasificado, e ó Ifecgas Pereira Xiria, líder invicto e que só están separados por dous puntos na clasificación. No partido de ida disputado en Carballo o Ifecgas Pereira venceu con moitos apuros por un axustado 23-20.