Fantástico partido do Calvo Xiria en Vigo

O Calvo Xiria afrontaba este Domingo o primeiro partido da tempada fóra de casa. O envite era de soleira. Soleira pola histórica entidade do rival, o Academia Octavio, polo currículo de moitos dos seus xogadores (algúns deles con pasado en Asobal) e polo gran escenario (o pavillón Dás Travesas). Os carballeses, lonxe de sentirse minimizados por tal presentación dos olívicos, puxeron esa mesma soleira no xogo, complentando un encontro sen fisuras do primeiro ao último minuto. No primeiro tempo, O Calvo Xiria maniatou aos xogadores rojillos cunha gran defensa, sobresainte no 1×1, nas axudas, activa nas disuasións, propiciando o erro do contrario ou a interceptación do balón. Na portería, Iago crecíase e pechaba calqueira posibilidade de ser batido. A partir de eiquí, a velocidade no contragolpe daba grandes réditos aos bergantiñáns, que hoxe estreaban o seu equipamento negro e verde. No posicional, o conxunto de Xiria afinaba como a mellor das orquestras, cunha alta mobilidade por parte de todos e unha notable velocidade da pelota, aparecían os espazos efectivos para a finalización cara á portería dos de Vigo. No meridiano do primeiros trinta minutos, o Calvo Xiria rompía o partido e cun 0-3 de parcial, pasábase dun cómodo 5-8 a un importante 5-11. As diferenzas seguirían aumentando e os de Carballo iríanse ao descanso avantaxando ao seu rival cunha ampla diferenza de nove  goles (9-18).

Na continuación, o Calvo xogou con intelixencia, sen présas nin ansiedades, elixindo cando correr ou cando pausar, non dando opción de remontada ao seu rival e levándose os dous puntos en xogo con ese marcador final de 23-33.

A semana que vén (Sábado ás 18:00), o conxunto de Carballo recibirá ao BM. Lavadores, un perigoso rival que suma un empate e unha vitoria nos dous primeiros partidos de liga.

Academia Octavio: 23 (9+14). David López (2), Pablo Sánchez (1), Daniel Gómez, Jorge Fontenla (4), Angel Martínez (1), Anxo Otero, Diego Prada, Alberto Santiago (1), Roberto Couso, Adrián Boullosa, David Escudero (4), Alexander Nikolaevich (2), Carlos Fernández, Daniel Fernández, Pablo García (4), Alberto Garrido (4).

Calvo Xiria: 33 (18+15). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (1), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras (1), Julián López (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (8), Hugo Rodríguez (6), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (3), Alejandro Calvete (1).

Parciais cada 5´: 1-4/4-6/5-8/5-11/7-14/9-18/Descanso/10-20/12-21/14-24/16-27/19-30/23-33/Final.

Colexiados: Jesús Curo e Samer A. Hariri. Estiveron correctos.

Incidencias: Segunda xornada da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón Das Travesas ante cento cincoenta seareiros de ambos os conxuntos.