O Laber Xiria cede dous puntos nun mal partido

O Laber Xiria recibía este Sábado na segunda xornada da liga de División De Honra ao Seis Do Nadal de Vigo.

Despois da vitoria conseguida o pasado fin de semana en Ourense, os de Carballo acudían ao Vila De Noia coa ilusión de brindar o primeiro triunfo como locais á súa afección, pero o aciago día dos verdinegros, deu ao traste co ambicioso obxectivo as primeiras de cambio. O conxunto visitante  dominou a pracer o encontro e aos quince minutos  xa gañaba por un cómodo 2-9, ampliado as diferenzas ao termino do primeiro tempo até un amplo  6-16 ao seu favor. As perdas de balón (ata 14 ao longo do encontro) e as malas decisións nos lanzamentos exteriores, foron a sentenza para un Laber Xiria que tampouco estivo acertado na retagarda, ofrecendo moi pouca contundencia ante a fortaleza da primeira liña dos de Vigo. O Seis Do Nadal mostrou un carácter competitivo e unha actitude moi superior ao seu rival e iso foi suficiente para conseguir a segunda vitoria do campionato noutras tantas xornadas, esta vez por un resultado final de 15-28.

A semana que vén, o Laber Xiria visita Cangas e enfrontarase ao Luceiros, un equipo que presentará moitas dificultades para os bergantiñáns, que terán que facer un lavado de fronte para afrontar con posibilidades de éxito esta confrontación.

Laber Xiria: 15 (6+9). Samuel Castiñeiras (p), Diego Lema (p), Andrés Vila (4), Fran Rey (1), Roi Alfeirán (6), Manuel Sánchez, Andrés Urbieta (1), Daniel Trigo, Renzo Díaz, Pedro Pereira, Santiago Oreiro, Iker Martínez, Iago Rincón (1), Alex Gómez (2).

Seis Do Nadal: 28 (16+12). Antonio Branco, Damián González, (2), Yago Santomé, Javier López, Rubén Iglesias (3), Antón Rivas (1), Marcos Domínguez (1), Adrián Rodríguez (4), Xabier Soutullo (1), Martín Gayo (5), Xurxo Rivas (1), Isaac Cabanelas (2), Víctor Iglesias (4), Samuel Couto, Víctor Doval (4), Daniel Salgueiro.

Parciais cada 5´: 2-3/2-5/2-9/3-10/4-13/6-16/Descanso/7-18/8-20/9-22/10-24/13-25/15-28/Final.

Colexiados: Gabriel Folgoso e Pablo Torreiro.

Incidencias: Encontro correspondente a segunda xornada da División de Honra xuvenil, celebrado no Vila De Noia ante un centenar de seareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do encontro:

DSC_0143

DSC_0152

DSC_0153 (1)

DSC_0155 (1)

DSC_0159 (1)

DSC_0162 (2)

DSC_0164

DSC_0165

DSC_0171

DSC_0193 (1)

DSC_0199

DSC_0201