Fase Final Alevín e Benxamín

concello carballo        logoxiriaescverde            FGBM

Concello de Carballo, Federación Galega de Balonmán e Escolas Balonmán Xiria organizan este sábado a Fase Final da Liga Alevín e Benxamín de Minibalonmán que se disputará no Pavillón Municipal Vila de Noia, contando cunha nutrida presenza de equipos carballeses. Comezará a xornada ás 10:30 e haberá balonmán de xeito ininterrompido até as 20:00. Dezaseis equipos, máis de 200 xogadores, aos que haberá que engadir delegados, adestradores e, por suposto, seareiros que farán que preto de 1000 persoas disfruten do balonmán este fin de semana en Carballo.

Abriran o Campionato os equipos benxamíns do Laber Xiria e do English Centre Xiria e máis tarde chegará a quenda dos alevíns de LK Xiria e Ifecgas Pereira Xiria. Os horarios e rivais son os seguintes:
10:30 Abegondo A – Oak English Centre Xiria
10:30 Laber Xiria – Arteixo Bm
12:00 LK Xiria – Escolas Oar
12:45 Ifecgas Pereira Xiria – Bm Culleredo Tarrío

O Campionato celebrase por eliminatorias e os horarios dos seguintes partidos dependerán dos resultados acadados. A entrega de trofeos está prevista para as 20:00 horas.

E no Pavillón do CEIP Fogar, desenvolverase unha xornada de convivencia entre os equipos de Zas, Ribadosar, CEIP Fogar, Grupo Lemaco Xiria e Punta del Este Xiria.