Fase Final Alevín e Benxamín Minibalonmán

Rematou onte a tempada 2014-15 de minibalonmán en Carballo coa disputa da fase final na que participaron 228 nen@s da provincia da Coruña. Poderiamos falar dos resultados, dos goles acadados, de accións de xogo…, e por suposto farémolo, máis hoxe queremos quedarnos so con esta imaxe.

Sin título

Non ten moita calidade fotográfica, pero representa a deportividade, a exquisita demostración de convivencia que nos deron tod@s @s nen@s, colexiad@s, adestrador@s e seareir@s que- estiveron no Vila de Noia. Por suposto que cada un tratou de levarse a vitoria para a súa casa, faltaría máis pois é parte esencial do deporte, pero sempre no respecto ás normas e rivais. Por suposto que doe perder, mais aceptar que outro foi mellor é o primeiro que tempos que aceptar para mellorar de cara ao seguinte partido. Por suposto que a tod@s nos houbese gustado ser primeir@s, mais saber valorar o que se fixo no parqué fainos ser primeir@s. Por suposto que estes nen@s non sairán mañá na prensa, na radio, na tele, mais deron onte unha demostración única do que é o BALONMÁN, si con maiúsculas coma o comportamento que tiveron dende as 09:30 que chegaron ao Pavillón até as 21:00 no que marcharon cada un para a súa casa, con desexos de volver canto antes a xogar a este deporte que hoxe dignificaron como non pode facer ninguén máis.

Escolas Balonmán Xiria desexa agradecervos a tod@s @s participantes o voso compromiso e comportamento. Vémonos a vindeira tempada.

GRAZAS A TOD@S!!!