Fin de semana amargo para o Garaysa Xiria

Dobre xornada de Copa Federación a que tivo o Garaysa Xiria este fin de semana; que se saldou con dúas derrotas, e como principal culpable, o nivel defensivo do equipo.
Bm Culleredo 39 – Garaysa Xiria 29

O sábado enfrontouse a domicilio ao Bm Culleredo; a mala primeira parte sentenciou aos de Carballo, que perdían por 23 a 12 ao descanso. Mellorou na continuación, pero sería insuficiente, para facerse cos dous puntos.
Garaysa Xiria 34 – S.D. Teucro Clínica Corbal 37

O domingo visitaba o Vila De Noia, o Teucro de Pontevedra. Tardou en meterse no partido o Garaysa, que nos primeiros 5 minutos sufría un parcial de 3 a 6. Pero corrixidas as liñas defensivas conseguiu marcharse ao descanso 17 a 15. Na segunda parte, os carballeses non conseguiron cortar o xogo de ataque visitante, cunha defensa sen contacto sufrirían ata encaixar a cifra de 22 goles en 25 minutos.

Mareante cifra de goles os encaixados en dous partidos que deixan ao equipo fóra da clasifcación para as finais de Copa a falta dunha xornada.

A semana que vén viaxan ata Vigo para enfrontarse ao Academia Octavio.

Por parte do Garaysa Xiria, xogaron: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Samuel Veiga, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Alberto Suárez, Miguel Goimil, Pedro Porteiro y Julián García.