Frío inicio, que lle custa os puntos ao Marmolería José Rey Xiria
O sábado ás 11:00 empezaba a xornada o Mamolería José Rey Xiria; que se enfrontaba á rochosa primeira liña do Arteixo Bm. O comezo do choque foi moi favorable ao…

O sábado ás 11:00 empezaba a xornada o Mamolería José Rey Xiria; que se enfrontaba á rochosa primeira liña do Arteixo Bm. O comezo do choque foi moi favorable ao equipo visitante, que souberon aproveitar a pasividade local. Non foi ata o minuto 15 da primeira parte onde os carballeses espertaban e cortaban a sangría á que estaban a ser sometidos. O equipo moito máis compacto atrás puido recuperar varios balóns que acabarían en contraataques cómodos, para reducir a vantaxe ata os oito goles de diferenza coa que se chegou ao descanso.
Na segunda parte, os dous equipos mantiveron un pulso moi igualado, e puidéronse ver accións de calidade colectiva e un bo traballo defensivo, o que levou o resultado ao 21 a 27 final, cunha diferenza de 6 goles, que de non ser polo mal inicio de encontro local falariamos dun resultado axustado.
O partido puxo fin á primeira fase da liga regular; onde os carballeses alcazaron a sexta posición. Deseguido dará comezo a Copa, na que se verá realmente a progresión deste equipo, ao longo da tempada.
Por parte do Marmolería José Rei Xiria, xogaron: Andrés García, Anxo Canosa, José Alberto Suárez, Juan Martín Fajardo, Martín Fontes, Alex Puñal, Asel Cambón, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Alejandro Vázquez.


