Gaeva2000-Bueu At.: Marcos, Pablo Casal (6), Moncho (1), Víctor (2), Oliver (1), Cabanelas ( ) e Alberto (3) –equipo inicial- Kustov, David (1 ), Moisés ( ), Carlos (7), Jorge ( ), Nilo (2) e Dozo (2).
Calvo Xiria: Quique, Alberto (6), Hernán ( ), Javi Zas (6), Marcos (2), Alfonso ( ) e Carlos (5) –equipo inicial- Víctor, Nahuel ( ), Nando ( ), Cuco ( ), Fernando (1), Chimpo (4) e Dubra ( ).
Colexiados: Gonzalo Vallaure e Alfonso González, seguindo coa tónica habitual, penosos.
Parciais cada 5 min: 2-2, 5-5, 7-6, 10-6, 11-9, 13-9, 14-12, 17-13, 20-14, 21-18, 22-22, 25-24.
O mellor partido a domicilio da tempada non serviu para acadar ningún punto. Despois dunha primeira metade bastante frouxa en ataque dos de Carballo, a segunda amosou unha cara ben diferente con rápidas circulacións de balón e un aceptable xogo colectivo. Logrouse a remontada e o intercambio de goles dos últimos oito minutos favoreceu ós de Barrios aínda que no derradeiro suspiro a falla de 3 segundos Kustov detén un lanzamento de Alberto. Mención especial para os tres porteiros que entraron en xogo, Quique, Marcos e Kustov. Soberbios. O dos árbitros dá que pensar, o nivel baixa cada ano se exceptuamos a dúas ou tres parellas, o resto ten dificultades ata con conceptos básicos do regulamento. Se ós que lle compete non fan nada para remedialo mal pintan as cousas para as competicións estatais. Os designados para este encontro deberían cuestionarse deixalo, e ollo non digo que favorecesen ó Bueu, fixérono horrible para os dous lados e desluciron un partido que pese a eles foi vibrante e intenso.