PROCASA XIRIA 31 – BALONMANOPOLIS 22

Procasa Xiria: Naya, Iago ( 4 ), Damián, Miguel ( 1 ), David ( 5 ), Mecías ( 2 ), Zas ( 10 ), Antelo, Martín, Dani ( 5 ), Antón ( 2 ), Jorge, Brais ( 2 ).

Balonmanopolis: Martín, Aarón, Rubén, Pablo, Cristian, Jesús ( 10), Saúl ( 7 ), Iván ( 2 ), David ( 3 ), Alberto, Juan Luís, Diego.

Xogabase o mércores o Procasa Xiria o encontro aprazado da fin de semana fronte ao Balonmanópolis trala contundente victoria infrinxida ao Bm. Riveira polos carballeses o pasado sábado, partido que tamén fora aprazado no seu día.

O equipo de Fernando Vázquez, que na primeira volta non fora quen de vencer aos coruñeses motivado en grande parte pola ausencia de Álex Zas, sen embargo desta volta foi ben distinto o conto e os de Carballo saíron ao parqué da Zona Escolar con máis concentración e intensidade na súa defensa o que propiciaba rápidos contragolpes en segunda oleada ou sitacións clara de cara á porta no ataque posicional Destacar no equipo carballés a aportación ofensiva de Álex Zas e a laboura defensiva de todo o bloque.