11/12/2004 10ª XORNADA
Garaysa Xiria: Raquel, Juana ( 4 ), Paula ( 4 ), Uxía, Yanin, Cristina ( 3 ), María ( 1 ) – equipo inicial – Marta, Adriana, Iria ( 1 ), Jessica, Sheila ( 6 ), Fernanda.
Bm. Poriño: Elena, Lojo ( 10 ), Raquel, Victoria ( 1 ), Ana, María ( 1 ), Nair ( 6 ) – equipo inicial – Estefanía ( 2 ), Nieves, Patricia, Alejandra, Carmen.
O equipo xuvenil feminino Garaysa Xiria caeu derrotado ante o Balonmán Porriño por un apertado marcador de 19 a 20.
Seguramente o mellor partido de toda a tempada do conxunto carballés que plantou cara durante todo o encontro, caía por 9 a 10 no descanso, o cadro porriñés que é un dos favoritos a quedar no máis alto da táboa clasificatoria.
Foi un encontro entretido e de alta calidade que puido caer de calquera dos bandos. Pouco a pouco o conxunto carballés vai entrando no ritmo da competición e vai conseguindo que todas as xogadoras amosen o seu nivel ó mesmo tempo e non con actuacións boas a nivel persoal. Sen embargo a falla de experiencia competitiva traizoou o Garaysa nos minutos finais e impediu que acadase unha importante victoria.
Mais seguindo por esta liña de progresión o balonmán carballés terá un dignísimo representante na segunda volta da liga xuvenil.
O colexiado Sr. Ignacio Pereira repartiu erros para os dous equipos mais nos derradeiros cinco minutos deixou sen sinalar tres accións de pasos do cadro porriñés que puideron facer variar o signo do encontro.
