GARAYSA XIRIA 20 – Balonmán Chapela 27

26/02/2005 19ª XORNADA

GARAYSA XIRIA: Raquel, Paula, Yanin ( 7 ), Fernanda ( 6 ), Adriana, Marta ( 5 ), Uxía ( 2 ) – equipo inicial – Sheila, Teresa, Isabel, Lorenzo.

BALONMÁN CHAPELA: Noelia, Adriana ( 6 ), Begoña ( 5 ), Sandra ( 1 ), Cristina ( 4 ), Gisella ( 7 ), Deborah ( 1 )– equipo inicial – Alba, Judith, Iria, Tamara ( 3 ).

O Garaysa Xiria non puido sacar nada positivo do seu desprazamento a Chapela xa que caeu derrotado por 27 a 20, 14 – 10 no descanso.

Non fixo un mal partido o equipo carballés que estivo sempre no partido ata que unha exclusión de dous minutos resultou determinante, xa que encaixou un parcial de cinco a cero co que se rompeu o marcador e que a postre resultou definitivo. Cunha defensa non demasiado contundente ainda que si suficientemente eficaz e cun ataque en clara liña ascendente dende a última xornada manexouse en curtas diferencias pero o mencionado parcial, entre equipos de similares forzas, resultou demoledor.

A vindeira xornada o cadro carballés disputa ante o Octavio de Vigo un encontro que se presenta moi reñido e que se disputará no Pavillón da Zona Escolar o domingo as 11 horas.

Os colexiados Srs. Fernández e Lago impartiron xustiza según a cor da camiseta.