GARAYSA XIRIA 21 – BM CHAPELA 24

Garaysa Xiria: Sen datos.

Tras unha racha de tres vicorias consecutivas, unha delas ante este mesmo equipo, chegou a derrota, aínda que o peor é que as visitantes non amosaron en ningún momento ser mellor equipo que as locais. O partido de las carballesas non foi bo, e estiveron excesivamente irregulares nas súas accións, tanto ofensivas como defensivas. Aínda así, a diferenza non era insalvable ao descanso, 10-12, pero la aptitude do equipo no era a apropiada, posiblemente influiu que 5 das 10 xogadoras xogaron outro partido pola mañá. Por iso o plantexamento na segunda metade centrouse no colectivo, na cooperación e cohesión do conxunto, pero non resultou e os despistes individuais seguiron repitíndose. De todos xeitos o equipo non cesou no seu empeño e reaccionou, eso si tarde, a falta de 10 minutos e foi unha pena por que a piques estiveron de darlle a volta ao encontro pero xa a diferenza era excesiva.

A lectura positiva do partido é que o equipo demostrouse a si mesmo que poden xogar un bo balonmán e que isto dependerá da aptitude e interacción conxunta. María voltou a ser a maxima realizadora e a xogadora máis destacada do choque.