GARAYSA XIRIA 24 – BUEU AT. BM. 25

Garysa Xiria: Raquel, Juana ( 5 ), Cristina, Paula ( 1 ), Iria ( 2 ), Adriana ( 2 ), Maria ( 4 )-sete inicial- Pamela ( 1 ), Marta ( 2 ), Fernanda ( 2 ), Jessica e Yanin ( 4 ).

Bueu At. Bm.: Sara, Nuria ( 1 ), Lara ( 2 ), Alba ( 4 ), Almudena ( 6 ), Fatima ( 6 ), Noelia ( 2 )-sete inicial- Tania, Sheila, Laura, Tania.P, Lorena e Noemi ( 4 ).

Bo partido pero mal resultado o o colleitado polo equipo carballés, que deixou fuxir os puntos neste derradeiro encontro da competición ligueira no que se xogaban rematar na quinta posición da táboa. Finalmente o Garaysa remata na sexta posición nunha campaña moi meritoria por parte das rapazas que dirixe Edu Orgaz.

Boa primeira metade, na que as locais impuxeron o seu ritmo de partido e, aínda que existiron imprecisións, chegaron ao intermedio cun marcador favorable de 16-14. A segunda metade non variou demasiado, pero o Xiria non soubo matar o encontro, erráronse lanzamentos en exceso, e ao final foron as visitantes as que se levaron o trunfo. Foron claves as dúas exclusións sufridas polo equipo carballés nos derradeiros minutos e a defensa mixta que as de Bueu practicaron sobre Juana e que o equipo carballés non soubo atacala. A pesares da derrota hai que resaltar o gran caracter que amosou o equipo, a súa unidade para afrontar situacións adversas e o traballo realizado durante todo o partido, ogallá tódalas derrotas se producisen desta maneira.

Agora a pensar na copa que comeza este fin de semana, na primeira xornada o Garaysa Xiria recibe a visita do Bm. Porriño.